- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 04 Novembro 2010 04 Novembro 2010

A carga da Brigada Lixeira da Peña Cabalar do Pincho arrivou cunha formación pechada de un en fondo ata terras de Senande o derradeiro Día de Difuntos. Cargas militares de cabalería existiron sempre ao longo de toda a historia da humanidade e incluso na II Guerra Mundial, no medio dun inferno de fogo e aceiro, unidades militares cosacas prestaron un servizo ideal pasando a sable a exércitos alemáns en fuga, pero as expedicións cabalares porteñas van presididas por un ánimo pacífico, lúdico, incluso gastronómico, e así o que animaba a expedición cabalar máis famosa da Costa da Morte era visitar a pequena feira de ganado se celebraba en Senande e visitar un famoso ristorante da zona, onde os nosos célebres équites déronse todo un festival gastronómico, emprendendo posteriormente, satisfeitos e saciados, o camiño de volta cara o local de moda na Ponte do Porto. Entre os expedicionarios destacaba unha pequena voluntaria de sete anos, Gisela, toda unha experimentada amazona que baixo a lóxica e constante supervisión paterna, domina a todo un magnífico exemplar cos seus centos de kilos de peso e toneladas de forza, que acomete as rutas como a qe un luns 1 de novembro de 2010 levou á Peña Cabalar O Pincho ata terras de Senande.
