5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (15 Votes)

Construcción das novas aceras na Praza de Insuela

Baixo o impecable mando xerárquico superior do seu capataz en xefe (puño de seda en guante de ferro) unha colla de obras do Concello leva xa uns cantos días acometendo a renovación das beirarrúas da Praza da Insuela. A causa determinante desta nova actuación dos operarios da Patrulla Municipal de Obras (PMO) débese a que ao parecer as beirarrúas deste emblemático barrio camariñán cando alá en tempos foron construidas o bordillo exterior superaba en altura ao elosado e esto, lóxicamente, ca chegada das abundantes chuvias provocaba a aparición dunha piscina, unha auténtica piscina municipal. E así de forma concienzuda, puntillosa e cáseque artesanal, sen grandes equipamentos nin maquinarias, os traballadores municipais ahí andan renovando as beirarrúas para evitar aos sufridos veciños un grave perxuizo provocado pola falta de pericia na construcción inicial. Os resultados seguramente seguirán os pasos das dúas obras cumbre ata o de agora da PMO: as beirarrúas da Avenida de Cedeira e o xa mítico encofrado da Cruz de Cedeira, unha obra que un nunca se cansa de admirar, á que acaban de adherir unha barandilla para maior seguridade e na que non nos extrañaría que a semellanza do ocurrido alá en tempos en Santa Coloma del Gramanet (a onde acudían en lexión estudantes de arquitectura xaponeses para estudar como exemplo do que non se debía facer os destartalados barrios construidos a toda prisa na época do desarrollismo español dos 60 e o seu corolario de rápida emigración do campo ás cidades), grupos de turistas nipóns se acerquen a admirar, por razón completamente opostas ás da vila catalana, unha obra clave para entender o encofrado do século XXI.

{phocagallery view=category|categoryid=242|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 


 

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.