- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 26 Outubro 2010 26 Outubro 2010

Pasadas as 12 da noite do pasado venres pola porta do Café Bar Arnela entrou un visitante que deixou sorprendidos aos presentes. Alto, delgado, de brazos nervudos e fibrosos que portaban unha guitarra, unha espesa mata de pelo branco coroaba unha cabeza caracterizada por unhas gafas de montura e un mostacho que recordaba vagamente ao actor Sam Elliot. Tras aparcar un Mercedes no exterior, sentouse nun lateral e pedío unha Coca-Cola, o que acabou de sorprender do todo á pandilla habitual de chiquiteros que olvidan (olvidamos) a esas horas no bar paradigmático de Corea as penurias de toda unha semana de duro traballo degustando un refrixerio. O recén chegado que se presentou a si mesmo como Médico, especialista en anestesia e reanimación, sacou dun bolsillo da funda da súa guitarra unha armónica, cargouse sobre os hombros o instrumento de seis cordas, acercouse a ese grupo que co pasar do tempo convertíose máis ben xa nunha familia, pedío permiso e empezou a tocar cancións.
Cando un pensa nun home-orquesta venlle á cabeza aquela escea do film musical de U2 "Rattle and Hum" na que un negriño indixente nunha rúa do Bronx, creemos recordar, acometía unha impresionante versión do "Freedom for my people" que incluso posteriormente figuraría como entrada a un canción naquel multimillonario disco do mesmo nome que o film publicado polos U2 en 1988. O visitante, recén chegado de facer uns cursos en Zurich (Suiza) e ao parecer residente nas Illas Canarias interpretou un variado repertorio de cancións, dende "O pasar por Camariñas" ata Bob Dylan ("Blowin' in the wind"), facendo un alto nas cancións dos anos 60 e 70 que habitualmente causan furor entre os aventaxados intérpretes vocais do Café Bar Arnela. Como era de preveer, Juan do Penedo e Manolo do Panadeiro non tardaron moito en sumar a súa potencia vocálica á soltura interpretativa do anónimo visitante para deleite dos presentes. E alí continuaban cando o presente redactor abandonou o edificio: sendo partícipes dunha escena que polo que se sepa nunca ata o de agora se vira no santuario espiritual de camarinas.eu: a dun home-orquesta actuando no Café Bar Arnela.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.