- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 25 Outubro 2010 25 Outubro 2010
Este 25 de outubro camarinas.eu decidío cruzar a Praza Maior e chequear o estado das obras dunha rúa histórica dentro do entramado vial camariñán: a do Calvario ou Grixa. Despois da reorganización circulatoria recentemente acometida na Vila dos Encaixes a Rúa do Calvario, así chamada por albergar supostamente en tempos baixo o seu enlosado un cemiterio, está chamada a desempeñar un papel de certa relevancia constituindo o sentido obrigatorio descendente, por elo os operarios da empresa de construcción de José Martínez Rial afanábanse en darlle os derradeiros toques antes de pavimentar un firme que deberá quedar impecable porque esta vía pasará a estar situada en primeira liña de combate circulatorio. Pro outra parte o seu subsuelo disfrutará dunha nova rede de saneamento ca vital separación entre augas fecais e pluviais, tal e como esixe a normativa da Xunta de Galicia. Lamentablemente o único que parece que non vai desaparecer vai ser o enxambre de liñas eléctricas, unha auténtica maraña de cableado máis propia de países como Thailandia, Birmania ou Camboya, que a casa dun futuro veciño de tan histórica rúa, recoñecido Maestro del Bon Vivir, sigue a lucir deforma lastimosa e vergoñenta na súa fachada. Polo que a Rúa do Calvario lucirá un suelo e subsuelo propio dun país nórdico, avanzado, mentras que o seu vuelo probablemente seguirá anclado nunha situación típica dun país subtropical. Esperemos que en vindeiras datas os responsables de tan arcaica situación sitúen a esta antiga rúa nas coordenadas xeográficas que lle corresponden.
{phocagallery view=category|categoryid=240|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.