- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 12 Outubro 2010 12 Outubro 2010
A alma de xubilado prematuro, de enxeñeiro de barra de bar, tan característica de camarinas.eu experimentou un gozo sin igual na tarde deste martes 12 de outubro de 2010. Andaba cara ás cinco da tarde esa mesma alma tan inquieta e xoguetona medio abollada por ahí á búsqueda dalgunha noticia que botarse ao coleto, cando reparou no lado dereito da carretera según se sae da Ponte do Porto con dirección a Camariñas que no sitio onde antes existía un triste camiño bacheado e reparcheado centos de veces, cas súas márxenes invadidas pola maleza e as malas herbas, estreito e tortuoso, agora atopábase unha auténtica autopista, unha limpa e amplia highway que non nos levaría ata o ceo pero sí nunhas condicións dignas ata o Lugar de Xarás.
A obra da Ampliación e Mellora da Avenida de Xarás como xa decíamos nunha noticia publicada hai agora exactamente sete meses foi adxudicada en preto de 130.000,00 euros á empresa laxeira de construccións de Fermín Simal, que ven de acabar a do Saneamento en Pións e no Riás e que en breve comenzará a do pavimentado e saneamento da Fontebarreira, ambas en pleno distrito de Buría, e foi financiada conxuntamente pola Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas. A obra foi rematada hai escasos 30 días e segundo nos comentan cabe destacar o elevado grado de cooperación e participación de tódolos veciños da gran avenida rectilínea porteña na obra que mellorou a súa rúa dun modo sustancioso e para moito tempo. E eso que algún paxaro de mal agoiro predecía problemas insuperables na ampliación de Xarás. Finalmente non foi así, prevalecío o menos común dos sentidos, o sentido común, e a partires de agora a Ponte do Porto conta cunha amplia e rectilínea avenida, unha auténtica Highway to Heaven.































Comentarios
Cada día se lo ve más bonito!!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.