- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 22 Outubro 2007 22 Outubro 2007
Este luns 22 de outubro de 2007 un equipo de reporteiros dunha productora de televisión chegou a Camariñas para entrevistar ao ex-alcalde Juan Bautista Santos Ramos. A entrevista é parte dun documental sobre o vixésimo aniversario do afundimento do buque petroleiro Casón en Fisterra. O decorado de fondo da entrevista non podía ser outro que unha das imaxes máis famosas do Concello de Camariñas: a estatua da Palilleira da Praza de Insuela. E de fondo, a Casa Consistorial.
Cáseque todo Camariñas recorda aqueles fatídicos días nos que o pánico nos invadíu e collemos coches, maletas, bolsas con roupa, etc.. e a maioría púxose a salvo do que non sabía que ía a ocorrer. ¿Quen nos aseguraba que ese barco non tiña despoxos nucleares? Aínda hoxe non se sabe ben o que levaba. Daquela, só algúns valentes se quedaron en Camariñas...parecía un pobo fantasma. Seguro que Bautista voltou a recordar todos os pormenores daqueles tráxicos sucesos nos que estalou un pánico e un "sálvese quen poida" coma nunca antes se poidera ver na nosa comarca, uns sucesos que non poden volver a pasar.
As historias que despois de pasar todo se contaron foron moitas, e case todo o mundo tivo a súa anécdota deses días. Eu recordo unha: O camión dos becerros do finado Chicote, mítico e querido carniceiro de Camariñas cargando de xente o seu camión xa que non había medios para evacuar á xente... como o vehículo cheiraba moito a animais o que o bo Chicote fixo foi meterlle un saco de cacahuetes no medio da xente para que foran comendo e as persoas que alí estaban non se preocuparan tanto do cheiro. Sen dúbida unha decisión acertada xa que toda a xente que estaba no camión fui debullando nos cacahuetes e así non se preocupaban tanto do fedor e chegaron cenados a Santiago. Anécdotas aparte, este foi se cabe un dos momentos máis impactantes que lembraremos toda a comunidade camariñana.
Comentarios
lo gracioso es que no era la nub tosica,,era el quemadero de basura de la canteira.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.