3.7941176470588 1 1 1 1 1 Rating 3.79 (34 Votes)

A Patrulla Municipal de Obras en acción

Sendo o formigón impreso o gran descoñecido dentro dos materiais de construcción e vendo a fiebre que nos dou aquí en Camariñas por pavimentar co mencionado material rúas, beirarrúas e todo o que fose menester, o máis normal era que os problemas non tardaran en facerse sentir.  De forma semellante, como as solucións aportadas polas empresas do ramo maiormente provintes de Vimianzo tampouco é que serviran para aforrarnos a contemplación cotidiana do espectáculo triste, tan triste, dos esfuciñamientos masivos que a diario tiñan  lugar aquí xusto diante da redacción, o máis normal era que dende os laboratorios científicos do concello, en sótanos impenetrables, no meirande dos segredos e asistidos polos máis prestixiosos expertos mundiais se puxeran mans á obra para tratar de atopar unha resposta que puxese fin a toda a dor e devastación provocadas por empresas de pavimentado foráneas que non foron quen de solucionar.

E a solución aportada dende a Patrulla Municipal de Obras (PMO) consistío nun novo tratamento revolucionario da famosa "arenilla de cuarzo". Ata o de agora as empresas  foráneas seguían un ritual que consistía no seu esparcimento sobre as beirarrúas recén pintadas, deste xeito a arenilla co uso continuado acababa por desprenderse e seguindo á súa querencia natural comenzaba unha longa peregrinaxe que terminaba ca súa reunión final cos seus conxéneres no fondo do mar. Por outro lado, como na Rúa do Medio beirarrúas e calzada presentaban a mesma cor, o desnivel existente apenas era visible e así o perigo dun esfuciñamento mortal elevábase expoñencialmente. Encollíase literalmente o corazón destes dous humildes redactores cando mirando por meter unha noticia levantaban a vista sobresaltados ao ver tantas e tantas mulleres de idade avanzada, provectas nais de familia, honradas e entrañables avóas dunha numerosa prole, irrumpir nos máis brutais e espantosos xuramentos e blasfemias ao acabar estrepitosamente polos chans tras un paso mal dado.

Dado que ao fin e ao cabo todos, ou alomenos a gran maioría, somos católicos, cumpría dar unha resposta rápida e expeditiva que acabase con este espectáculo tan deprimente. E esta chegou como non podía ser menos dende os laboratorios científicos do concello: nunha solución que mataba dous páxaros dun único e certeiro tiro a clave estriba en esparcir no bote de pintura a arenilla de cuarzo e removela pacientemente ata que esta forme co líquido elemento unha simbiose perfecta que a suxetará ao pavimento ata o mesmísimo día do Xuizo Final. Ou polo menos eso é o que se di. Deste xeito este luns 20 de setembro do ano do Señor de 2010 os inefables e insustituibles operarios da PMO pintaron os bordes da beirarrúas  (páxaro 1) esparcindo a arenilla tratada deste modo tan innovador e pioneiro (páxaro 2). O risco asumido é grande: para este martes 21 está previsto que o mandamás camariñán se aproxime ata o lugar de autos para comprobar in personam os resultados acadados e dar o seu posible visto bueno ao experimento científico máis revolucionario de que se ten coñecemento en Camariñas dende o descubremento do tambor de lavadora como parrilla churrasqueril.

{phocagallery view=category|categoryid=39|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.