- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 16 Setembro 2010 16 Setembro 2010
Chámanlle a Rúa Real, non sabemos si algún Rei algunha vez pisou cas súas monárquicas pantuflas o seu piso pero o certo é que se agora se lle dese ao Emperador do Xapón, ao Rei de Suecia ou ao Ayatollah do Rock'n'Roll descender nunha carabela no Muelle do Curbeiro e enfilar cara a Praza Maior a través da Rúa Real as rexias prantas dos seus pes descansarían sobre un leito de pavimento pulido (que non impreso: novos tempos) que cubriría unhas profundidades subterráneas dotadas de todos os servizos acuáticos, eléctricos e telefónicos de última xeración. O caso é que este xoves 17 de setembro de 2010 podíamos ver aos chavales da empresa de construcción de José Martínez Rial afanarse duramente na transformación da Rúa Real, unhas desas arterias interiores de Camariñas ás que cada 20 anos hai que darlle un forte lavado de cara.
A última vez creemos recordar que fora a finais da década dos 80 nunhas obras que ameazaron con eternizarse e nas que algún espabilado raparigo con residencia na colindante Praza Maior casi se deixa un pe (este humilde e proletario, non monárquico) nun accidente de certa relevancia, obras que deron para tirar 20 anos. Agora cando parece que o anterior proxecto estaba xa esgotado procédese a unha nova modernización dunha rúa camariñana que posiblemente presta servizo pedestre aos veciños dende as orixes da creación da vila. Por elo por si a un dos aristocráticos visitantes antes mencionados se lle da por comprar un caserón en tan histórica rúa, haberá que tela en condicións e dotada de todos os adiantos técnicos. Vamos, decimos nos.
Comentarios
Todo polo progreso, pero sen pasarse.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.