3.8 1 1 1 1 1 Rating 3.80 (35 Votes)
Fran no Bar Restaurante Victoria
Eran pasadas as 16:00 horas do sábado 4 de setembro de 2010 cando catro viaxeiros chegados do norte descabalgaban das súas monturas no Paseo Marítimo de Camariñas. Chegados pola Senda Marina tamén chamada Pista de Alonso apeáronse das súas bicicletas cargados de polvo e moi famentos polo que o primeiro que fixeron foi preguntar por un posto de avituallamiento e os presentes ahí encamiñaron os seus pasos cara unha das terrazas da vila nas que un viaxeiro pode saciar a calqueira hora do día a fame e a sede. Nembargantes o rasgo que confería a esta viaxe un compoñente especial era que un dos catro viaxeiros chegados do norte era un ex-futbolista que nos seus tempos encheu estadios, fixo vibrar aficcións e levou por vez primeira ás vitrinas do club no que militaría toda a súa carreira títulos de importancia: José Francisco González Pérez. Fran, o así chamado Neno.

Efectivamente, dentro dun equipo de catro amigos cicloturistas, o ex-futbolista Fran enfundado nunha equipación do Galicia Calidade chegou a Camariñas en visita relámpago este sábado. Foi comer e fuxir de estampida para cumprir o itinerario previsto. A Vila das Palilleiras como lugar de avituallamiento. E o local elexido foi o Bar Restaurante Victoria onde Fran e os seus tres acompañantes puideron degustar un menú a base de tapas no medio da espectación levantada entre os presentes por un dos mellores interiores esquerdos que viron os campos desta sufrida España. Tal e como acontecera ca visita efectuada a Camariñas por Manolo Sanchís recentemente (o domingo 1 de agosto), Fran exhibío unha gran cordialidade e amabilidade e asentío a fotografiarse con todos os presentes facendo gala dun excelente humor.

Ca visita de Fran estamos a falar dun home que levou ao Real Club Deportivo da Coruña a gañar por vez primeira na súa historia unha liga, dúas Copas do Rei e tres Supercopas de España e a desputar unhas semifinais da Champion's League. Polo tanto, pouco a pouco vemos como atraídos polo boom turístico camariñán auténticas leyendas vivas do fútbol español recalan na nosa vila con certa asiduidade imantados polos encantos dunha terra á que parece agardar en termos estríctamente turísticos un radiante porvenir. A outra explicación a tanta visita de viejas glorias viría constituida pola abundante proliferación de clubs futbolísticos no noso concello nestes últimos tempos (ata cinco incluindo veteranos). Así que, ¿poderíamos estar falando dunha posible fichaxe estrela? ¿Serán Fran ou Sanchís o as que ten gardado na manga a sabiduría futbolística superior de Isaac Caamaño, Presidente do debutante FC Xaviña? ¿Reunións secretas de alto standing entre os cabazos xaviñáns? Todo pode ser nuns tempos nos que chegaremos a ver ao moi fashionable Guti xogando polos campos de terra da Anatolia turca. Tempos extraños, tempos de crise.

{phocagallery view=category|categoryid=25|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|displayname=0|displaydetail=0}

Comentarios   

Duane Duke
+3 # RE: Fran do Deportivo en CamariñasDuane Duke 06/09/2010 10:59
...Este si que fui un dos meus ídolos futboleros, menuda zurda tiña (un juante)...
Denunciar ante o administrador
seran7989
+1 # Fran do Deporseran7989 06/09/2010 12:23
Noraboa polas fotos e reportaxe.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.