1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Continuando co seguimento ás obras que as diversas administracións públicas realizan en Camariñas tócanos mirar desta vez cara a nosa querida vila de Arou. Un pequeno e encantador pobo que verá a súa fachada marítima moi mellorada cas obras que está a levar a cabo o Ministerio de Medio Ambiente. Estas obras xa levan executándose hai uns meses nos cales se concluío a 1ª fase que tivo un presuposto de mais de 350.000 euros. Agora estase a realizar a segunda fase que ten un presuposto de 756.650 euros. A inversión total suporá máis de 1.100.000 euros que serán invertidos nesta preciosa vila de Arou.

As actuacións que se están a levar a cabo son a construcción dunha pasarela de madeira pola costa que vai desde a zona de Lobeiras (na primeira fase) ata a famosa praia de Arou, a cal verá ampliada a zona de baño e contará cun novo paseo marítimo e cunhas instalacións propias dunha praia da súa categoría (na segunda fase). Despois acondicionarase cunhas melloras moi necesarias na carretera que vai  de Arou ata Camelle pola costa. Pero eso, queridos amigo, será cando nos vexamos no "Encuentro en la tercera fase"...

Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.