3.5652173913043 1 1 1 1 1 Rating 3.57 (69 Votes)

E agora... ¡¡Comellada Equina!!

Nen o máis esquisito gourmet poderá resistirse a probar a deliciosa carne de potro no Pincho
Nen o máis esquisito gourmet poderá resistirse a probar a deliciosa carne de potro no Pincho

Segue o local de moda na Ponte do Porto na súa loita pola reinvindicación da gloriosa tradición equina no Concello de Camariñas. Primeiro foi traendo ás paxinas da web líder da Costa da Morte as imaxes sobre a Xuntanza Cabalar celebrada en terras porteñas o domingo 13 de xuño de 2010 e que servío para añorar dende o recordo aquelas multitudinarias e festivas xuntanzas que durante todo un fin de semana ateigaban de cabaleiros as paraxes privilexiadas de Reira. E como segundo frente desta dura batalla teñen pensado organizar en próximas datas na que foi unha institución senlleira dentro da movida porteña das décadas dos setenta e oitenta unha espectacular comellada na que os seus clientes por unha módica cantidade poderán degustar a mellor carne de potro, asada e condimentada como nos mellores hipódromos. Para elo, os que así o desexen xa poden ir apuntándose nunha exclusiva lista que xa está aberta no local de moda porteño. Expertos en pulpo, raxo, churrasco, sardiñas e agora potro: é como si se tratase de unha Arca de Noé, pero pasada polos fogóns. Todo elo na Raxería-Pulpería O Pincho, a auténtica fábrica de noticias (noticias que contan por miles as súas visitas) da Ponte do Porto.


Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.