- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 10 Agosto 2010 10 Agosto 2010

Os operarios de Martínez Rial esfórzanse duramente nas obras baixo o inclemente sol estival
Camariñas novamente en obras
Non debe ser especialmente agradable traballar baixo o intenso calor veraniego (aínda que un pouco rebaixado co intenso e inevitable nordeste) que estes días estamos a vivir en Camariñas, pero en ocasións non queda máis remedio e así os operarios daban esta semana comenzo oficial ás obras que cambiaran para sempre a cara da histórica Rúa Real de Camariñas e ao entorno da Praza do Mercado. Obras financiadas entre a Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas e adxudicadas nunha cantidade próxima aos 200.000 euros, suporán un novo pavimentado en formigón impreso así como unha mellora da rede de pluviais desta antiga rúa do centro histórico camariñán. Non rematan aquí estas obras dun viario que co novo sentido circulatorio de Camariñas colle nova forza xa que enténdese que deberán ser complementadas cas que Construcciones José Rial levará a cabo pola Rúa do Calvario tras resultar adxudicatario da obra Mellora do Saneamento na Grixa, como resulta ampliamente visible trala colocación do correspondente cartel do Plan E ao carón dunha Igrexa Parroquial eclipsada por tan espectacular publicitación da financiación estatal das mencionadas obras.






Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.