- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 02 Agosto 2010 02 Agosto 2010
Dúas leyendas vivas do Real Madrid mano a mano, unha nos terreos de xogo, a outra nos sofás de casa
Historia do Real Madrid en Camariñas
Despois dunha derradeira tempada de tintes un tanto tenebrosos o madridismo camariñán recibío por fin a alegría que necesitaba ca visita dunha das maiores leyendas vivas a día de hoxe do Real Madrid: Manuel Sanchís Hontiyuelo. Membro dunha das mellores xeracións de futbolistas da historia de España, a Quinta do Buitre, defensa do Real Madrid durante 18 tempadas, campeón de oito Ligas, dúas Copas do Rey, cinco Supercopas, unha Copa da Liga, dúas Copas de Europa, dúas Copas da UEFA e unha Copa Intercontinental, chegaba a Camariñas procedente de Baiona pasadas as 21:00 deste domingo 1 de agosto a bordo do seu iate de 11,95 metros de eslora o "Roraima", sendo recibido oficialmente a pe de pantalán polo Comodoro do Club Náutico de Camariñas Marcos Vázquez Campaña. Facendo gala dunha gran simpatía e educación sacouse fotos con todos os presentes, incluso cun enemigo xurado do madridismo que nos días previos ao último derby ligueiro contra o Barça chegou a pronosticar polo messenger unha abultada derrota ("Ay Madrid, Madrid, que tunda vas levar"). Tras rexistrarse para pasar unha soa noite na caseta do CNC dirixíose acompañado da súa familia e amigos cara o Restaurante Puerto Arnela, onde degustou un impresionante menú composto por Caldo Galego, unha Percebada antolóxica e finalmente Lumbrigante con arroz, saboreando aos postres, tras ser invitado por un comensal veciño, a deliciosa caña de herbas galega. Tras a opípara cea da que quedou tan satisfeito que ata chegou a comprometerse a repartir nas altas esferas madrileñas tarxetas de visita do restaurante emblemático camariñán, novamente accedeu a unha nova sesión fotográfica con nomes ilustres do madridismo local que se acercaron pola Praza do Carme. Aínda na mañán deste luns podíase ver a un dos mellores futbolistas que dou España paseando tranquilamente polo noso Paseo Marítimo e comprando a prensa e o pan nas tendas da vila. Esperemos (os madridistas) que esta visita sexa o bo augurio dunha nova tempada exitosa da Gran Gloria Blanca na que tanto necesitamos creer.







Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.