3.8 1 1 1 1 1 Rating 3.80 (95 Votes)
Unha inquedante invasión de algas marinas adueñouse de todas e cada unha das Praias de Reira
Unha inquedante invasión de algas marinas adueñouse de todas e cada unha das Praias de Reira

A invasión das Algas Marinas

Un día chegaron e apoderáronse de todo. Deso hai xa dúas semanas. De un modo sixiloso, imperceptible, constante e matemático un continxente de visitantes provintes dos fondos marinos abisales adueñouse de todas e cada unha das praias que compoñen o Areal de Reira dunha forma tan absoluta que non deixaron resquicio algún para o baño humano. Aposentáronse dun modo tan contundente nas ribeiras do mar que non permitiron a contemplación tranquila do horizonte dende as beiras mesmas do océano. Nin todos os tractores de Xaviña e parte dos de Buría bastarían para devolver ao seu estado virxinal uns areais sempre salvaxes e  solitarios. Outro frente foi o constituido polos sucesos acontecidos dentro da apacible Ría de Camariñas, onde unha masa amorfa de argazo pestilente penetrou en profundidade sen maiores problemas ata o fondo mesmo dunhas ateigadas praias, para posteriormente, unha vez asentada, facer forte a súa posición a través de tropas auxiliares de pulgas, moscas e atabáns, enturbiando e imposibilitando o descanso duns humanos obrigados a batirse en cariacontecida retirada. Lingunde como exemplo paradigmático destes feitos. Brigadas de operarios de limpeza de praias exhaustos ata o agotamento e renegando do momento no que se vincularon por un maldito contrato. Estranos sucesos os acontecidos nunhas terras estranas. Os máis sabios de Xaviña relatando entre café e café como dende hai preto de cincuenta anos non se vía aljaso na Praia de Area Longa. E non moi lonxe de alí, no areal máis occidental da Pedrosa, elaborado dese mesmo material putrefacto vencedor, modelado por quen sabe quen, chegado de quen sabe onde, creadas con que escuros designios, dúas esculturas de evocación aparentemente alieníxena contemplan incólumes aos ventos do nordeste, parapetadas tras dunha duna, o triunfo aplastante da natureza sobre o lecer humano.

Comentarios   

Juan Camariñan
+1 # RE: Invasion de Algas nas Praias de CamariñasJuan Camariñan 29/07/2010 14:02
pois vai ser verdad esto do cambio climatico por muito que lle pese a o primo optimista de aljun politico apapallado, pois que eu me acorde este suceso das algas non se apreciaba asta ven entrado septiembre. xa din os vellos , que desde o cason, xa non e nada ijual.
Denunciar ante o administrador
toxo
+1 # APROVEITADE O !!toxo 29/07/2010 14:40
CANTO ADIANTOU O MUNDO,NOS MEUS TEMPOS TIÑAMOS QUE IR POR EL,AJORA VEN SOLIÑO HASTA AS LEIRAS.
APROVEITADE QUE COMO SIJAMOS ASI IMOS TER QUE TRABALLAR A TERRA COMO NOS ANOS 50 E 60,BOAS BERZAS Y BOAS PATACAS HEMOS DE TER CON SEMEJANTE ALJAZO !!!!
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+1 # RE: Invasion de Algas nas Praias de Camariñasrubiasexy 29/07/2010 17:03
ten rason toxo eso e viva toxo o mais intelijente pero ahora axente non quer eso como ban tan baratas non vale apena bueno o peor son as playas que co turista janase mais chao sefa e os pedros camariñas
Denunciar ante o administrador
reira
0 # O peor inda a de virreira 30/07/2010 12:58
Eston totalmente dacordo co que dis ti e os vellos Juan e eu tamen son dos que pensa que moitos se frotaron as mans pero os que siempre tuveron 2 dedos de frente e pensa na sua familia a larga daranse conta,o jala e nos equivoquemos pero hay unha realid que sale pouco a pouco a vista de to2,un saludo chaval e tes moita razon eu penso igual.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.