- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 22 Xuño 2010 22 Xuño 2010
Vacaciones en el Mar

O Deseo, un iate perfecto para perderse polos mares tropicais na máis luxosas das vacacións
Estaban todos contentos os tripulantes de nacionalidade mexicana do iate de superluxo "Deseo" pola victoria apabullante da súa selección de fútbol no Mundial de Sudáfrica 2010 sobre unha selección francesa que quedou sumida na máis tenebrosa das revolucións carnívoras, cando nas primeiras horas da tarde deste luns 21 de xuño notaron que algo non marchaba ben a bordo. Ata entón todo fora pracidez e tranquilidade na ruta que o Deseo, iate de aproximadamente uns trinta metros de eslora, levaba dende a localidade inglesa de Fulham ata o seu porto de destino en Palma de Mallorca. En principio achacaron os problemas a unha complicación relacionada cos motores ou cos tubos do gasoil e así o facían saber aos veciños congregados no Muelle Novo de Camariñas ás 15:30 horas da tarde, hora da súa chegada a porto. Pero finalmente sobre as 18:00 horas reemprendían de novo a súa singladura, trala intervención providencial do percebeiro camariñán Toñito que foi o que tras uns pequenos buceos deixou claro que fora un groso cabo perdido que se enredara nunha das hélices da nave o causante da pequena avería que o obrigou ao Deseo a alterar o seu rumbo. Un rumbo de luxo, queridos usuarios, de ensono diríamos nos, perfecto para montar en alta mar, máis alá das 12 millas marcadas pola lexislación, "la tierra al margen de la ley" da que falaban os Simpson, unhas desas pequenas festiñas que fixeron mundialmente famosa a camarinas.eu. ¡¡Ay, quen fora muchimillonario!!

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.