3.7317073170732 1 1 1 1 1 Rating 3.73 (41 Votes)
Momento no que o equipo da TVG graba o documental de Camariñas diante do Café Bar San Remo
Momento no que o equipo da TVG graba o documental de Camariñas diante do Café Bar San Remo

A TVG en Camariñas

Dende que na mañán dun martes 23 de outubro de 2007, nos días iniciais de camarinas.eu, esta web se facía eco nunha noticia da visita de dous importantes directivos da multinacional con sede en Suiza SGS ao Faro Vilán da man de Héctor Alonso, ninguén nada máis soubera sobre a posible presencia de cidadáns de nacionalidade hindú en Camariñas, ata que na mañán deste asemesmo martes 15 de xuño de 2010, o director desa mesma camarinas.eu que entón nacía atopaba frente ao Paseo Marítimo camariñán ao prestixioso socio-linguista Anik Nandi (Burdwan, India) en plena acción televisiva grabando unha reportaxe sobre o noso concello que será emitida pola TVG este sábado 19 de xuño.  O caso é que Anik Nandi a pesares de ser indio fala perfectamente o galego, traballa na Facultade de Filoloxía (Departamento de Lingua Española) da Universidade de Santiago de Compostela, reside no Burgo das Nacións desta mesma cidade e é especialmente coñecido por grabar o documental "A Lingua do Corazón" sobre o modelo linguistico posto en marcha hai uns anos no concello de Burela disque con notable éxito. O equipo da Televisión de Galicia encargado de grabar este documental visitou a cúpula do Faro Vilán, Reira ou os locais das asociacións de palilleiras, momento no que foron captados polo obxectivo privilexiado de camarinas.eu. En fin, que haberá que estar pendentes da TVG este sábado para ver o que fala o bo de Anik sobre Camariñas, porque como se lle de por falar mal...

 Noticias Relacionadas

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.