- Escrito por diegoalfr diegoalfr
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 16 Xuño 2010 16 Xuño 2010

Reyes e a súa dona: dous camariñáns de adopción que donan unha obra de arte á Comisión
Noso usuario Reyes dona unha obra de arte á comisión
En canto se van achegando as datas máis importantes do ano en Camariñas, aquelas sinaladas no calendario das boas xentes da nosa vila como as Festas do Carme, máis e máis noticias van chegando a camarinas.eu sobre o devenir das mesmas. O caso é que xa fai unhas semanas que publicamos en exclusiva o éxito da Cena do Carme celebrada no Restaurante 4 Ventos, e fai xa uns días que os nosos compañeiros e amigos que compoñen a mellor Comisión de Festas do Carme de Camariñas en moitos anos empezaron a recorrer as calles da nosa vila en busca dos donativos que a gran maioría de veciños entregan gustosamente para conseguir superar este ano a gran marca obtida no exercicio anterior. Todo é pouco para chegar ao obxectivo marcado. Esta tarde tivemos noticia de que o usuario de camarinas.eu Reyes FP xunto coa súa esposa tiveron a boa idea de donar á Comisión un espectacular cadro do noso querido Faro de Cabo Vilán. Pero o que caracteriza esta donación desinteresada ven constituida polo feito de que esta impresionante pintura foi realizada polo propio Reyes FP a través da dificultosa e laboriosa técnica pictórica da espátula. Ademáis este entrañable usuario catalán que levou o seu amor por Camariñas ata o feito de comprar unhas das casas típicas do Barrio do Corea, onde pasa ca súa esposa longas tempadas cada ano, tomou como modelo para pintar esta obra de arte unha fotografía actualmente propiedade de camarinas.eu que foi tomada no seu día nunha arriscada viaxe en helicóptero bordeando os acantilados do Cabo Vilán e Reira polo actual alcalde camariñán Pichurri. Seguramente estamos ante unha pintura que non alcanzará as astronómicas cifras acadadas en Londres pola elitista Casa de Subastas Sotheby's, nin que foi pintada por un snob artista sobreactuado, pero sóbralle amor desinteresado por un pobo e polas súas xentes, por eso merece o maior dos recoñecementos esta xesto desinteresado dun usuario mítico de camarinas.eu.
Comentarios
ENHORABUENA REYES.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.