- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 11 Outubro 2007 11 Outubro 2007
Presentación en Camelle e en Xaviña as actividades culturais e deportivas que organizará o Concello.

Este xoves 11 de outubro as 17:15 horas na Casa do Alemán de Camelle tivo lugar a presentación das actividades culturais e deportivas que desenvolverá o Concello de Camariñas ao longo do curso 2007-2008. O escenario elexido para facer dita presentación foi precisamente o proxecto estrela da anterior lexislatura, a última no cargo do ex-alcalde Bautista Santos Ramos: a Casa Cultural de Man en Camelle, un centro dotado dunhas instalacións de alta tecnoloxía que, sen dúbida, serán un lugar de encontro e lecer onde, non só os camelláns senón tódolos cidadáns do Concello poderán pasar un bo rato.
Ao acto acudiron representando ao Concello, entre outros, o Alcalde Pichurri, a Teniente de Alcalde Sandra Insua Rial, o Concelleiro de Desenvolvemento Sergio Caamaño, o Técnico municipal de deportes Francisco José Puga Bestilleiro e diversos profesores que en ditas instalacións impartiran as clases e actividades. Alí o Alcalde poido coñecer de primeira man as necesidades e inquietudes dos veciños de Camelle, cos que falou animadamente. De alí a comitiva municipal marchou para Xaviña, onde pasadas as seis da tarde tivo lugar a presesentación do Programa de Actividades no Teleclub.
Remataba así unha semana de axitada e intensa actividade municipal, na que a marxe da reunión mantida o mércores na Cofradía polo Alcalde, destacou a aprobación inicial o martes en dous Plenos Extraordinarios sucesivos da modificación das Ordenanzas Fiscais que han de rexer durante o ano 2008, onde as propostas da Alcaldía foron secundadas unánimemente polo PP camariñán liderado por Daniel Rego González. Así pois, sería de desexar que o consenso e o patriotismo que presiden as relacións entre os dous grandes partidos camariñáns se extendesen á política nacional, sobre todo agora que España se encontra fortemente ameazada por enemigos tanto internos coma externos. Así as executivas de PP e PSOE nacionais deberían tomar exemplo da responsabilidade e sensatez dos camariñáns, sobre todo hoxe doce de outubro, Día Nacional de España: ¡Felicidades a tódalas Pilar! ¡Feliz Día da Hispanidade!