- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 09 Outubro 2007 09 Outubro 2007
Inauguración da estatua da Palilleira de Camariñas.

As máximas autoridades terrestres e marítimas citáronse con ocasión da inauguración da estatua
Camarinas.eu trae nesta ocasión á súa portada a inauguración da Estatua da Palilleira. Se hai un símbolo que representa a Camariñas ao longo de todo o mundo, ese é o da Palilleira. Estandarte da muller camariñana, que traballaba a reo palillando para traer uns cartiños que sumar aos que o seu marido, esforzado mariñeiro, conquería duramente nas súas travesías polo bravo mar da Costa da Morte. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa e ver tres fotos deste histórico evento a tamaño natural.
Esta foto foi tomada naqueles lonxanos e inesquecibles anos oitenta,
cando había menos de todo pero sen embargo tamén eramos felices. Eran
os anos da infancia dos redactores de camarinas.eu,
os anos nos que xogueteábamos polas rúas sen roupa de marca, sen
móviles, sen Mp3 e sen todos os avances da vida moderna,pero nos que se
xogaba ao futbol, ao telo, ao trompo, ás canicas, ao escondite... e a
outros xogos que quedaron un pouco en desuso debido a súa brutalidade
como os así chamados xogos: "A Barra" e "A Burra".
Era alcalde por aqueles anos o que logo estaría 24 anos no cargo, Juan
Bautista Santos Ramos ao que acompañan entre outros, Carlos Ramos
membro da oposición de aquela época, Pepe o Patrón Maior, e a
Autoridade marítimo-militar competente. Como fondo deste inesquecible
retrato que dou a Camariñas unha imaxe de marca que vender polo mundo,
estaba a antiga fábrica de Aguiar, agora xa desaparecida e que durante
longos anos xunto a de Cerdeiras contribuiron a dotar a Camariñas desa
escepcionalidade que facía dela a única vila das Rías Altas con
empresas conserveiras.
{multithumbs}
Comentarios
Gracias a Diego que me avisó de esto,
Mi correo es corrigidor@gmail.com
por si quieres saber algo más.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.