- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 09 Outubro 2007 09 Outubro 2007
Dado que Telefónica segue sen arranxar o problema da conexión a internet da redacción de camarinas.eu, non podemos cumprir con normalidade o compromiso cos nosos usuarios, podendo únicamente editar noticias a contagotas. Nesta ocasión temos entre mans unha imaxe que moitos veciños da Ponte do Porto poden recordar coma se fora onte: o mítico camión Barreiros do Asturiano que facía a súa propia sidra na nosa querida vila porteña. O Asturiano, gran home xa falecido hai anos, aparece na foto coa camisa azul.
¡Beba sidra del Asturiano, para vivir robusto y sano!
É esta unha foto capturada dos archivos secretos e inéditos de camarinas.eu, na que podemos ver á Comisión das Festas de San Pedro da Ponte do Porto do ano 1972. Esta comisión estaba formada por unha alineación de primeiro nivel con algúns nomes míticos da vila porteña nos comenzos dos setenta: Manolo do Caión (ao bombo), Pepito de Dulia (no fondo, cun pelo moi de moda naquela época), Vitolo o electricista de Cereixo ou un futuro Alcalde Pichurri coa gaita, entre outros. Para poñer nome aos restantes rostros desta preciosa fotografía, os nosos numerosos usuarios porteños poden escribir nos comentarios para arroxar algo de luz.
Comentarios
Recordo a os fillos do asturiano Luis e Enrique que eran a alma de moitas festas do vran, moi bos rapaces.
Os dous señores de negro,son os Fideles de CARNES,JAIME o sentado e GREGORIO o de pé,eran os miticos gaiteiros que viñan pa dansa de arcos do CARMEN(conosos ben).
E o que esta no mas alto "O CHAMO",que ´é tio de PEPITO.queda un,non o conoso
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.