Anguriante imaxe que amosa un dos momentos nos que o canciño ameaza con saltar ao vacío
Mascouse o drama por momentos esta mañán no Barrio de Corea cando un canciño, posiblemente con tendencias suicidas, encaramouse aos tellados das Casas Baratas. En efecto, eran as 10:00 deste martes 11 de maio de 2010 cando os veciños da Praza do Concello constataban con asombro e horror como un can, un precioso cachorriño creemos que de Pastor Alemán, se encaramaba aos tellados da cara norte do Barrio de Corea con intencións nada claras e permanecía máis dunha hora e media coqueteando ca morte ao longo dunha mañán agónica e de infarto. Finalmente un grupo de veciños foi quen de convencer ao canciño (con serios síntomas de estar xa cansado das penurias deste mundo) de que desistise da súa letal actitude e baixase polo seu propio pe duns tellados convertidos en precipicio mortal, non sendo necesaria a intervención dos negociadores dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado nin do noso redactor perruno Bénder que aos mandos do CCCP (Cuerpo Canino Camarinas.eu de Policía) estaba xa presto a intervir para evitar o drama. Afortunadamente ao final todo quedou nunha anécdota que podería recordar á película musical "Un violinista en el tejado" ou á célebre obra de Tennessee Williams "La gata sobre el tejado de cinc", se non fose porque o canciño non profesa, que se sepa, a relixión xudea, nin pertenecía ao xénero gatuno senón canino e non estaba encaramado nun tellado de cinc, nin siquera de uralita (grazas a Deus, dados os efectos letais do amianto) senón elaborado a base de pura e auténtica tella galega. O que posiblemente acabou por salvarlle a vida.
Comentarios
Tan bonitiñooo como e..
Ah saber como chejou a hai arriba!
non creo q se kixera suicidar..jajaj ja
Primeiro contempla a ría
E despos hule o tellado,
Lojo calibra a altura
Coa duda?salto ou non salto.
Pensando ben, da media volta
En busca de un reservado,
Que atopa na chimenea,
Pa mexar polo burato.
¡Carafio !, si me mira a javiota,
Fasendose a despistada ?
Mellor que baixe á campota
Non sexa que joda o tellado.
O final desiste do empeño,
Oubeando cabreado,
Pois, ? tanto si von ou si veño,
Sempre hen de ser observado ?
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.