Hai xa catro meses, concretamente un 8 de xaneiro, camarinas.eu visitaba o edificio que alberga ao mesmo tempo a Casa de Cultura e o Centro Médico da Ponte do Porto para comprobar o estado das obras de instalación dun ascensor que facilitara aos seus visitantes, sobre todo aos de maior edade, o acceso a un lugar ao que non se suele acudir de bo grado. Por elo, a nosa presencia o día de inauguración oficial desta inversión financiada pola Deputación Provincial da Coruña era obrigada. Así, cara as 10:00 horas dunha encapotada mañán de primavera era o alcalde Pichurri o encargado de abrir a pechadura do ascensor que levará aos convalecentes que así o desexen cara o primeiro andar do edificio. E precisamente un dos que agradecerá a instalación do flamante ascensor, producto da máis alta tecnoloxía xermana e mezcla dunha aleación ultramoderna de tungsteno e grafito, será o constructor da obra, o noso amigo José Martínez Rial, que por mor dunha operación de rodilla vese estos días obrigado a usar unhas muletas. Cas súas facultades físicas intactas tamén estiveron presentes no acto as concelleiras Sandra Insua Rial e Mª Carmen Linares Chica e tamén un nutrido grupo de veciños da Ponte do Porto que por aquelo dos males do corpo se viron obrigados a visitar o centro médico. Tamén estaba alí a web líder cunha diferencia sideral do ciberespacio atlántico galego para levar aos nosos usuarios porteños de ultramar (en Buenos Aires, en Madrid, en Nueva York, en Suiza...) unha noticia que os aledará sinceiramente.
+3#RE: Inauguracion do ascensor do Centro de Saude —
managa09/05/2010 19:56
Penso eu que vai moito no tempo, pois aqueles quince ou vinte metrs de costa fanse duros para unha persona que se encontrara un pouco mal. Pero o que xa nontuvo loxica e cando o fixeron e que non puseran a clinica xa no baixo
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.