- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 16 Abril 2010 16 Abril 2010

Unhas barandillas imprescindibles e necesarias poñen o punto final ás obras da Avenida Juan Carlos I
Hai xa un tempo que as obras de mellora e ampliación da Avenida Juan Carlos I foron rematadas pola empresa camellana Construcciones Casal pero a envergadura da inversión acometida obriga a que aínda a día de hoxe se estén a executar pequenos retoques nunha vía vital dentro do rueiro camariñán. Esto puido ser constatado na chuviosa mañán do xoves 15 de abril de 2010 pola redacción de camarinas.eu que en labores de patrullaje callejera comprobou como Rafa, xerente en xefe da Cerraxería Rafael Moreira Carril, instalaba a barandilla que situada na curva que conecta a avenida Juan Carlos I ca Carretera do Faro evitará os esfuciñamientos dos posibles incautos que puideran caer polo barranco abaixo. Unha barandilla metálica, nova, flamante, tan distinta daquela que entrañable, allada e un tanto destartalada foi transmutada dende o Paseo Marítimo camariñán ata as alturas de Riás, en pleno distrito de Buría. Obras que poñen o punto final definitivo a unha inversión importante e obrigada, que dota aos peatóns da seguridade necesaria e das que se fala que nun futuro non moi lonxano poidan ser acompañadas ca construcción das beirarrúas do marxe oposta da misma vía.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.