- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 10 Abril 2010 10 Abril 2010
O día 10 de abril de 2010 pasará á historia da Vila de Camariñas con letras de ouro. Posiblemente, un dos días máis importantes da súa historia, senón o máis importante. Asesmesmo o día que acabou ca lenda negra de que os gobernos populares na Xunta de Galicia non invertían no Concello de Camariñas. Porque a impresionante batería de investimentos que na soleada e radiante mañán deste primaveral sábado de abril foi presentada na Lonxa Nova da Vila dos Encaixes deixará obras por un valor nunca antes visto, 11,2 millóns de euros, a inversión máis grande acometida por goberno algún na historia do Concello, e dotará a Camariñas dunhas impresionantes instalacións pesqueiras e náutico-recreativas culminando asemesmo o acondicionamento do borde marítimo ca construcción da fase do Paseo Marítimo que vai dende o Canzorro ata a Punta da Carnicería. O principal responsable deste milagro inversor que en tres anos revolucionará a nosa vila: Jose Manuel Álvarez-Campana, Presidente de Puertos de Galicia.
Nunca antes un acto celebrado en Camariñas tivo a trascendencia do que cara ás 11:30 do sábado de abril de 2010 se iniciaba na sede da Cofradía de Pescadores, situada na Lonxa Nova. E posiblemente terán que pasar muitos anos para que teña lugar a presentación en sociedade dun proxecto que iguale en relevancia ao Programa de Actuacións 2010-2014 de Portos de Galicia. O Programa que traerá consigo unha chuvia de millóns que en forma de inversións cambiarán a cara de Camariñas de forma definitiva.
Tal e como estaba indicado, cara ás 11:30 nunha mesa de honor composta polo Presidente de Portos, o Alcalde Pichurri, o Presidente do PP de Camariñas e do Patrón Maior comenzou a exposición do programa de actuacións que dividido en sete eidos se prolongará ata o ano 2014 e conlevará un esforzo inversor de 11.200.000 euros. Unhas actuacións que veñen constituidas por:
1- Ampliación do peirao: trátase do espigón do Muelle Novo, actualmente inconcluso e que aumentará a súa zona de atraque mediante un importante recheo. Obra que comenzará a finais deste exercicio 2010, que conta cun orzamento de 3.150.000 euros (a meirande actuación de todas) e que se espera estea rematada para o 2012.
2- Acondicionamento do bordo portuario: a 3ª Fase do Paseo Marítimo camariñán, a que vai dende a Punta do Canzorro (adeus á praia das masas humildes) ata a Punta da Carnicería. Obra que se comenzará asemesmo a finais do 2010, estando previsto invertir na mesma ao longo deste ano ata 200.000 euros e que ficará rematada no 2012 cun montante total de 1.600.000 euros.
3- Contradique: A terceira das actuacións está conectada xeográficamente ca anterior e ao decir dalgúns resulta a máis polémica, xa que non estaría xustificada totalmente a súa necesidade. Nembargantes, aos ollos de camarinas.eu benvida sexa: trátase do contradique que saíndo da Punta da Carnicería estará formado por dúas alineacións, a primeira como escollera e a segunda mediante un pantalán flotante da última tecnoloxía. Co contradique comenzan as actuacións previstas para o exercicio 2011. O seu custo estimado será de un millón de euros.
4- Instalacións Pesqueiras: a máis modesta polo seu importe económico das actuacións planexadas: 200.000 euros para acondicionar no actual espazo ocupado polo CNC unhas instalacións pesqueiras que migran dende o seu actual emplazamento no Muelle do Curbeiro. Obra a executar entre 2011 e 2012.
5- Instalacións Náutico-Recreativas: o quinto punto preséntase de importante calado porque servirá para reforzar o lugar hexemónico que ocupa o Club Náutico de Camariñas dentro da Costa da Morte así como para rematar dunha vez e para sempre ca provisionalidade das súas instalacións actuais. Supoñe o traslado do CNC ata a Lonxa Vella e conlevará tamén a dotación dunhas importantes instalacións en canto a pantaláns para as embarcacións náutico recreativas. Elo sen dúbidas convertirá a Camariñas no primer destino de iates de toda a Costa da Morte co crecemento turístico que elo leva consigo. Actuación prevista para os exercicios 2011, 2012 e 2013 e que ascende á cantidade de 2.600.000 euros.
6- Urbanización da Zona Pesqueira: xa no 2012 está previsto que comencen as obras de urbanización do Muelle Novo o que mellorará a operitividade e seguridade portuarios facilitando as actividades de tódolos usuarios de ditas instalacións. Obra orzamentada en 700.000 eurose que rematará no 2013.
7- Ampliación Espazos Portuarios: finalmente, unha sorpresa: a guinda que coroa un pastel difícilmente superable. Trátase da ampliación dos espazos portuarios situados a carón da recén construida 3ª Fase do Paseo Marítimo camariñán, aquela situada en frente ao mar de Corea, nos terreos que irán dende o Canzorro ata a Carnicería e que suporá incluso a construcción dun mirador. Obra orzamentada en 2.000.000 de euros e que finalizará, se todo sae según o previsto, cara mediados do ano 2014.
Trátase en definitiva da posta en marcha dun conxunto de actuacións como nunca antes se vira no Concello de Camariñas, dunha importancia superlativa e que suporán un antes e un despois na historia de Camariñas e que veñen da man dun home, José Manuel Álvarez-Campana, Presidente de Portos de Galicia, especialmente interesado no noso concello, como tivo ocasión de comprobar camarinas.eu en maio de 2009, recén nombrado para o cargo, con ocasión dunha cena que tivo lugar no Club Náutico de Camariñas e na que a web líder da Costa Atlántica puido departir amigablemente con el. Home ademáis, posuidor dunha gran química persoal con Daniel Rego, líder do PP camariñán, e que non perde a ocasión de visitar sempre que pode estas benditas terras. Así pois, señoras e señores, electorado todos de camarinas.eu, esto foi o que dou de si a mañán do sábado 10 de abril de 2010, un dos días máis importantes da milenaria historia de Camariñas.
Comentarios
POR TODO ¡¡¡ ENHORABOA !!! AO NOSO PUEBLO E A TODOS OS QUE FIXERON QUE TODO ISTO PRONTO SEA UNHA REALIDADE.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.