- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 10 Abril 2010 10 Abril 2010
O Superheroe enmascarado camariñán percorre polos nosos camiños un vía crucis de estacións infinitas
O Vía Crucis de Míster X
Hai xa uns cuantos anos, na sección adicada ao rei dos deportes no programa televisivo Al Ataque, dirixido por Alfonso Arús, e que se chamaba "El fútbol es así", ante tres derrotas consecutivas nunha mesma semana daquel Barça do Dream Team, o Presidente Núñez acompañado do seu inseparable adestrador Johan Cruyff ándabase laiando polas 14 estacións do calendario futboleiro que se aveciñaba: "si, eh... el vía crussis del Barsa, eh...". E todo aquelo provocado por tres derrotas... pois tres edicións van xa de "Lixo nos Camiños", o especial de Míster X adicado a denunciar o incivismo e a barbarie urbana e que concebido inicialmente como unha reportaxe illada vai camiño de converterse en toda unha saga a semellanza de triloxías insuperables como "Los Gozos y Las Sombras" de Gonzalo Torrente Ballester ou "El Padrino" de Francis Ford Coppola. Unha sección convertida nun eterno retorno maldito, un bucle melancólico inacabable, que ameaza con non parar de seguir dando motivos para a súa recurrente e infinita publicación. Míster X desolado e sin forzas xa para escribir do seu propio puño e letra outra das súas amenas e edificantes epístolas, remite á redacción de Camarinas.eu dende a súa guarida secreta 60 novas imaxes que denuncian a sinrazón ciudadana.
{phocagallery view=category|categoryid=320|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.