- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 05 Outubro 2007 05 Outubro 2007
Unha imaxe típica de Camariñas

Estrella da Jabacha na Praza Maior facendo sonar o seu lexendario corno
Esta é unha imaxe que, a pesar de non ser vella, xa non se ve en Camariñas. A protagonista desta historia é a señora Estrella da Jabacha que vendía as pezas de peixe que pescaban o seu home e o seu fillo (Juan do Caracol, pai e fillo) no mítico barco camariñán chamado "Caracol". Estrella solía chamar aos seus clientes cun corno que o seu home "O Caracol" lle traia do mar. Ela poñíaos a secar para que lle saíra a carne, limpiabaos ben e provabaos para ver se sonaban, porque non todos sonaban como ela quería. Pulsa na imaxe para ler o artigo completo.
Ademáis de ser esta unha imaxe nostálxica de non fai
tantos anos, esta foto danos unha mostra máis do que a pesca significou
e significa para Camariñas: O seu medio de vida, non só para os propios
mariñeiros que van ao mar se non que, coma Señora Estrela, as mulleres,
a pesar de non ir a mar habitualmente, tiñan e teñen o seu papel dentro
do día a día do traballo no barco.
Os recordos que todos temos de tempos pasados non só
se graban na mente como unha imaxe, se non que os sonidos que
recordamos de cando eramos pequenos, coma esta chamada da Señora
Estrella aos seus clientes quedarán gravados na mente de todos os
Camariñáns coma un recordo inesquecible. Coma un bo recordo.
Outro día falaremos da importancia dos nomes dos
barcos para identificar áos seus donos. En Camariñas coma en moitos
pobos costeiros cámbianse os papeis e o dono do barco pasa a ser
propiedade do barco, xa que, coma Juan do Caracol, moitos Camariñáns
identifícanse no noso pobo polo barco ao que pertencen (Juan do
Caracol, Ito do Gaviota, Juan do Jose Ramona, etc..)
¿Cales son os teus recordos de Camariñas que che quedaron gravados para sempre?
Comentarios
Parabéns, a seguirmos así!
de cando era pequena e vivia con meus abos en una casiña na playa.
recordo que antes poñian muito medo
pero quen medera volver a eses tempos que me fan falta a gente que no estan qui e non volverei a ver
Negros tormentos, dulces mentiras,
¡Ay!, ¿en dónde su rastro dejaron,
En dónde, alma mía?
Rosalía de Castro.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.