3.6129032258065 1 1 1 1 1 Rating 3.61 (62 Votes)

Unhas aceras con encofrado incluido 

Cun piso de cemento firme e liso, as beirarrúas da Avenida de Cedeira lucirán un novo aspecto
Cun piso de cemento firme e liso, as beirarrúas da Avenida de Cedeira lucirán un novo aspecto

Ahí siguen os chavales da Patrulla Municipal de Obras facendo frente ao maior desafío que tiveron que encarar ata o de agora: o pavimentado das beirarrúas de Avenida de Cedeira, unhas obras longas e complicadas que van dende Muebles Sambade ata o cruce que leva ao eólico Muiño do Vento e que finalmente en contra do que se dixo nun primer momento non levarán losetas enriba do cemento, deixándose para unha reforma posterior de maior envergadura o enlosado destas emblemáticas beirarrúas. Pero así e todo, a través desta obra douse solución ao problema do destartalado muro de pedra que levaba xa uns cantos anos caído sobre as beirarrúas e que dificultaba o paso aos viandantes, chegando incluso os operarios municipais do Servicio de Obras e Vías a atreverse con ese tipo de obra no que chegan a ser uns virtuosos consumados deixando para a posteridade auténticas filigranas: o encofrado, como quedou ben demostrado ca histórica demostración levada a cabo na Cruz de Cedeira. En todo caso, este venres 19 de marzo, Día de San Xosé, camarinas.eu á hora de comprar o pan douse un bordeo por unas obras tan reivindicadas (con razón) pola nosa querida usuaria Pión e así procede a publicar unha reportaxiña feita a golpe de móbil. 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.