- Escrito por diegoalfr2 diegoalfr2
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 16 Marzo 2010 16 Marzo 2010

Numerosos cidadáns de Camariñas asistiron ás conferencias que tan sabiamente imparte Fabiola Dios
Debido á gran afluencia de xente na conferencia de nutrición que tivo lugar o pasado mes de febreiro na Casa de Pedra da capital municipal, o Concello de Camariñas decidiu prestar o seu apoio aos tres xoves que promoveron a iniciativa. E para dar continuidade o proxecto este martes 16 e mercores 17 de marzo terán lugar dúas conferencias máis sobre nutrición. A primeira no Centro Cultural de Ponte do Porto ás 18:00, e a segunda na Casa do Alemán de Camelle as 18:30. As Conferencias serán impartidas por Fabiola Dios Canosa e por Cristina Ochoa Pedreira. Trataranse temas de actualidade como a importancia de beber auga, a calidade dos alimentos que nos atopamos no mercado, sobrepeso e mala nutrición. Ao rematar estas charlas todos os asistentes recibirán de balde un Estudo de Hábitos Alimenticios, unha medición de IMC (Índice de Masa Corporal) e % de graxa corporal. En fin, como o verán se acerca e os corpos na praia non teñen escondite posible, recomendamos a todos ir ás citadas conferencias. Se non, despois virá "el llanto y el crujir de dientes", que ben decían os curas no Seminario.


