- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 09 Marzo 2010 09 Marzo 2010
Vamos cunha de ouro líquido que diría o outro. Sucede que aquí na redacción de camarinas.eu temos un arquivo fotográfico tan insondable que en ocasións semella aquel xigantesco almacén onde se perdía (¿para sempre?) a Arca da Alianza na escena final da primeira entrega de Indiana Jones. E así atopamos recentemente unha caixa de Plátano de Canarias chea ata os topes de cremosas fotos, pero as que chamaron a nosa atención foron as de unha cena do PSOE dos vellos tempos, dos bos tempos, de antes de que... bueno, de antes de que pasara todo aquelo, e que a semellanza da división entre felipistas e guerristas, surxira unha Vieja e Nueva Guardia en Camariñas. E aparecen todos: González Laxe, Presidente que foi da Xunta de Galicia durante o bienio 1987-1989; Fernández Moreda, Presidente da Deputación da Coruña; Bautista Santos, Alcalde de Camariñas durante 24 anos; Marisol Soneira, agora Deputada Autonómica, entón Concelleira de Cultura e Deportes; o barbado Francisco Sineiro, Conselleiro de Agricultura... só falta un, agora Primer Espada camariñán, que precisamente foi o encargado de sacar as presentes fotos que xacían abandonadas nunha caixa de banano. Pero tamén están as bases, pródigas en proxenitores de usuarios de camarinas.eu: os de Pión, Plisplas e Juanillo, ou os que desgraciadamente xa non están con nos: Pepe Liñeiro, pai de Encarna, ou Esteban Carril, pai que foi de Mikel e Karina, á que esta redacción especialmente quere que agrade este recordo do seu pai no día do seu esplendoroso cumpreanos.































Comentarios
Os que nos sentimos socialistas de verdade temos moito que agradecer a todas esas persoas que están nas fotos e os que faltan, porque naquela época había moitisimos máis que non foron a esa cea (meu pai era un invitado nada máis nunca foi militante).
Un especial recordo a meu tio Lolo, Peteno, el si foi militante, hasta a morte.
Eran outros tempos nin mellores nin peores simplemente pasaron os anos, e os problemas seguramente son outros como en tódalas casas.
O que para min está claro é que pasen os anos que pasen,veña uns se retiren outros, o que nos une, o VERDADEIRO sentimento socialista, ese sí que non cambia porque como dixo Pablo Iglesias "Los socialistas no mueren se siembran"
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.