- Escrito por diegoalfr diegoalfr
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 04 Marzo 2010 04 Marzo 2010
As obras de O Areal por fin entran na súa recta final

Unha obra que pensábamos que se eternizaba por fin entra na súa recta final e definitiva
Pois xa levamos uns cuantos meses de obra na céntrica e concurrida Rúa O Areal pero por fin este xoves 4 de febreiro de 2010 puidemos comprobar como quedará definido realmente o novo aspecto que lucirá esta vital vía camariñana. Ao final optarase por dar continuidade ao aspecto da Avenida Eugenio López, Rúa do Medio e San Miguel, como xa anticipara hai máis de un ano camarinas.eu, estando as aceras pintadas con color granate sendo a vía adicada aos coches e motocicletas de cor verde. Ademáis da disconformidade sobre a coloración elexida, algúns veciños da citada rúa criticaban mui duramente un novo sistema viario que deixa sin aparcamentos toda a rúa aínda que o equipo municipal de goberno sostén que realmente os estacionamentos que antes eran usados polos cidadáns non eran tal se non que simplemente non existían. En fin, esperemos que o clima conceda un respiro e os operarios da empresa de Vimianzo Cernadas SL (e Arturo, que ninguén se olvide dun operario do servizo municipal de augas que se papou enteirita a obra ao pe do cañón) poidan dar fin dunha vez e para sempre a esta vía clave do callejero camariñán.
{multithumbs}









Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.