- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 04 Marzo 2010 04 Marzo 2010
A alma atormentada de Mister X atopou os obxectos máis inesperados dentro do viario laberíntico camariñán
Lixo nos camiños, nas calles e nas cabesas
Foi hai xa moitos anos, mentras un grupo de rapaces camariñáns reproducían cinematográficamente no agora deforestado Monte da Xesteira as andanzas da guerra do Vietnam tocou rodar unha escena na que un canixo e esmirriado soldado vietnamita tiña que morrer. E foi alí, sobre o cadáver do desdichado seguidor de Ho Chi Minh que ensanguentado xacía na daquela frondosa herba da Xesteira cando caío sen máis ni máis unha terrible patada nas costelas, seguida dunha frase inesperada, contundente, preñada de frustración e descontento, do yankee G.I. Joe: "¡¡Basura!!". Efectivamente, basura hai moita, e polos camiños, rúas e algunhas cabezas máis aínda. A inapelable profecía anticipada en tempos por un sabio barrendeiro do exército veraniego municipal segue a cumplir o seu vaticinio maldito e á tradicional querencia camariñana de desembarazarse daqueles colchóns e metálicos sobre o que foi enxendrada a práctica totalidade do padrón municipal de veciños hai que sumarlle unhas rúas invadidas por trasnochados televisores como consecuencia do advenimiento da rebautizada polos veciños de Xaviña e Buría, sabiduría popular en movimiento, TELETÉ (TDT). Míster X, o Superhéroe enmascarado camariñán, volve á carga cunha segunda edición de Lixo nos Camiños.
{phocagallery view=category|categoryid=319|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.