3.9261744966443 1 1 1 1 1 Rating 3.93 (149 Votes)

Véndese cachorriño de Yorkshire

Graciela e Adrián decidiron poñer á venta esta ricura, cachorro de Yorkshire, por un precio económico
Graciela e Adrián decidiron poñer á venta esta ricura, cachorro de Yorkshire, por un precio económico

Continúa a sección de camarinas.eu adicada aos animais de compañía camariñáns, nesta ocasión adicada a un dos dous cachorriños fruto da unión entre Coco e Kira, os dous yorkshire da máis distinguida e aristocrática linaxe propiedade dos nosos queridos usuarios Adrián Campaña Antelo e Graciela Bouzas Rodríguez. O caso é que ante a imposibilidade de quedarse ca parelliña, deciden poñer á venta por un precio económico un deles xa desparasitado, vacunado e co seu correspondente pedigree. Avisan de que haberá un esixente chequeo previo para comprobar que a familia de destino sexa cariñosa e responsable. Os Yorkshire son unha raza con orixe na Gran Bretaña, de carácter vivaz e xuguetón, intelixente e fiel, cunha certa tendencia a mordisquealo todo, como ben atestiguan as paredes da casa de Grace. En fin, un canciño cunha clase e un estilo tal que si nacera 120 atrás entraría nun daqueles exclusivos Clubs de Oficiais da India británica, pediríalle, insolente e estirado, a un desdichado camareiro hindú un gin tonic, este contestaríalle "Sí, sahib", abriría o The Times polas páxinas de política e vería como marchaban os asuntos do Imperio e da súa Graciosa Maxestade Victoria, a quen Deus garde. Incluso o mesmísimo Rudyard Kipling podería adicarlle un relato contando as súas andanzas pola selva, quen sabe. INTERESADOS CHAMAR AO TELÉFONO 981-737045.

Comentarios   

daniel18
+1 # candaniel18 03/03/2010 00:00
na foto 11 ten o naris blanco ajajjaaajajajaa ja
Denunciar ante o administrador
daniel18
0 # RE: candaniel18 29/05/2010 15:43
muy bonitos
Denunciar ante o administrador
Machote
-2 # cane a nai non e o cansiñoMachote 03/03/2010 18:28
a nai non e o cansiño
Denunciar ante o administrador
bibelon
+1 # canbibelon 14/03/2010 17:13
que bonitos os cachorros
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.