- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 22 Febreiro 2010 22 Febreiro 2010
O bosque camariñán convertido en cementerio forestal por mor dun inverno pródigo en temporais devastadores
Masacre Forestal
Nas mesmas datas en que están a chegar ás nosas costas os restos do implacable temporal que ven de arrasar a Illa de Madeira, procedemos en camarinas.eu a facer unha recopilación do que supuxo para a masa forestal do Concello toda a forza desencadenada polos elementos nestas terras benditas de Deus nun outono-inverno pródigo en temporais de tódalas especies e signos: un inverno dos vellos tempos, de augas e ventos furiosos, de ceos e mares tenebrosos. Aínda que nin remotamente se poida comparar en termos de deforestación cos feitos acaecidos en 1908 na rexión siberiana de Tunguska e atribuidos a un obxecto celeste non identificado, o feito de ver tantos e tantos pinos do país arrancados de cuaxo da súa terra nai non deixa de suscitar ecos con aquel suceso inexplicado no que millóns de árbores foron derribadas sin remisión. En definitiva, non sabemos si se trata do queixume dos pinos do que falara Eduardo Pondal pero camarinas.eu, notario e cronista oficial do Concello de Camariñas, a través dun duro e exhaustivo traballo de campo desenrolado durante estos últimos meses procede a deixar constancia ante a historia de toda a devastación provocada polos elementos no duro e cruel outono-inverno do ano do Noso Señor de 2010.
{multithumbs}









































Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.