- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 05 Febreiro 2010 05 Febreiro 2010
Especialmente intensos están a ser estes últimos tempos para os chavales do Servicio Municipal de Vías e Obras. Comandados polos dous Manolos, Ex-Lonjeiro e Brañas Verdes ("un home ao que lle gusta traballar"), parecen ter o don da ubicuidade e así podemos velos en condicións climáticas extremas acometendo todo tipo de obras sinxelas e humildes: esas que non están orzamentadas en miles euros e que tanto lles gustan inaugurar aos políticos lucindo a correspondente placa de "esta obra foi inaugurada sendo Presidente/Conselleiro/Alcalde Don Fulanito de Tal", que pouco máis é parece que foi financiada polo político do seu propio bolsillo. Non, porque nese caso costaría máis a placa conmemorativa que a obra en si.
Homes acostumado ao traballo duro, remunerados non todo o ben que se debera, ahí os puidemos ver nestes últimos tempos: derruindo a casiña da Praza de Colón na que chegou a pernoctar ocasionalmente aquel alemán tan aficcionado ao berbercio e que tan boas tundas levou; canalizando en San Xurxo as augas residuais cara Area da Vila para así evitar as inundacións sistemáticas do Café Bar San Remo; intentando bachear unhas calles propias de Chechenia; e finalmente, ao marxe doutras actuacións xa máis discutibles, sobre todo quedará para a historia o impresionante encofrado realizado na Cruz de Cedeira, diante da Cafetería Oasis, que evitou que a calle se viñera literalmente abaixo e que constitúe sen dúbidas a obra cume da enxeñería patrullera das obras municipais.
Comentarios
da justo verche ca roupa de aguas jajaja...
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.