- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 02 Febreiro 2010 02 Febreiro 2010

Alma de xubilado
Pois ahí está o noso querido amigo Josemar, xerente de Construcciones Canto y Carril, sendo profeta na súa propia terra e executando as obras de construcción de beirarrúas na marxe dereita desa carreteriña comarcal que leva dende a recta de Sara ata a milenaria igrexa xaviñana, o maior expoñente da arte románica no Concello de Camariñas. Aproveitando a paréntese de clima seco e soleado que por uns días parecíose abrir sobre a ancha llanura de Xaviña, esta empresa natural de tan vasta parroquia iniciou a realización dunha obra que foi adxudicada nunha cantidade próxima aos 80.000 euros e que é financiada pola Deputación Provincial en colaboración co Concello de Camariñas. Aquí en camarinas.eu como aínda que non chegáramos aos 67 anos temos alma de xubilados prematuros e gústannos as obras tanto como a un tonto unha tiza, non perdemos ocasión de acercarnos ata calquer obra que se acometa no término municipal e sacar o inxenieiro que levamos dentro cunhas cantas opinións que ninguén solicitou e o que é peor, que a ninguén lle interesan. Todo sexa polo progreso ("The way to the future", que decía Leonardo Di Caprio na inquietante escena final da espléndida El Aviador).



































