- Escrito por diegoalfr2 diegoalfr2
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 23 Xaneiro 2010 23 Xaneiro 2010

Un mes de paralización...¿por que?
Fai cáseque dous meses, un 23 de novembro de 2009, Camarinas.eu publicaba na súa portada os inicios das necesarias obras de remodelación da transitada Rúa O Areal de Camariñas. Despois duns cantos días de traballo por parte da empresa contratista vimiancesa Construcciones Cernadas deixouse abandoada por máis dun mes, no estado que todos podedes ver cando pasades por esta importante vía camariñana, sin saber nadie moi ben o por que. O caso é que as autoridades municipais deberían ter en conta que unha rúa destas características, tan vital para os abundantes establecementos comerciais da zona, debería ser realizada coa máxima celeridade posible e sin remaches ou cambios de última hora que levan a que os traballos se demoren durante meses. Sin olvidar o serio risco de accidentes persoais que supón ter a rúa neste estado. Moitos foron os veciños que se acercaron a informarse á esta redacción polo motivo desta desesperante paralización e desta redacción se marcharon como viñeran porque nós tampouco o sabemos nin temos liña aberta co olimpo municipal. Pero o que si podemos facer en Camarinas.eu, unha web imparcial e sin intereses políticos, é publicar a voz e as queixas dos veciños para que cheguen a onde teñen que chegar.
























Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.