- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 21 Xaneiro 2010 21 Xaneiro 2010
O azúcar da vida

Lucía016 decidío botarlle un pouco de azúcar a esta vida corrompida e pecadora ca súa tenda Don Parchís
Nestes tempos nos que unha crisis galopante está a afectar a España de maneira bastante máis pronunciada que aos países do noso entorno e nos que a perda da calidade de vida que todos coñecíamos espera agazapada como un lobo famélico nun recodo do camiño, a nosa usuaria e redactora Lucía Pedrouzo Martínez decidío endulzarnos un pouco a existencia. Facernos máis pasaxeiro o amargo da vida. Para elo o 1 de novembro do pasado ano, coincidindo ca festividade de Halloween, decidío abrir na Rúa de Nuestra Señora de la Luz, no Barrio da Sagrada Familia, na moi Leal e Noble cidade da Coruña, unha tenda de golosinas e chuches que dou en chamar Don Parchís. Esta atópase xusto ao carón da sede da empresa inmobiliaria na que a traballa a nai de Lucía, Loles, propietaria dun negocio de golosinas que permite a súa filla obter un pequeno estipendio co que sobrelevar uns estudios de peluquería dos que sairá unha estilista fina e elegante como unha condesa húngara. Os resultados verémolos no día non moi lonxano en que este redactor que o presente subscribe decida poñer a amada e frondosa cabellera que o caracteriza nas súas mans.
A necesidade de dulcificar un pouco a existencia estivo presente como unha necesidade vital ineludible dende a orixes dos tempos nas máis diversas e afastadas culturas. ¡Gorko, gorko!, é decir, ¡amargo, amargo! soían gritar os invitados nos banquetes de voda rusos aos noivos para que estes se bicaran e desta maneira endulzaran o amargo da vida, costume ancestral que nin siquera a picadora de carne comunista e a enxeñería de almas que levaba aparellada logrou desterrar do corazón milenario da Rusia ortodoxa. E agora que a incertidume, a angustia, a certeza do poder adquisitivo perdido, invaden tantos e tantos miles de fogares españoles, non está de máis que alguén, neste caso unha fermosa xoven con raigame nunha vila de palilleiras perdida, decida abrir unha tenda de chuches. Falta nos fará para endulzar os tragos amargos que están por chegar.
Comentarios
E moita suerte ca tienda!
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.