- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 10 Xaneiro 2010 10 Xaneiro 2010

Siberia xa está aquí
En verdade, tampouco queremos ser pesados aquí en camarinas.eu co tema do cambio climático pero ¿como van agora a explicar os defensores da teoría do calentamiento global esta ola de frío ártico-siberiano que está a azotar as sureñas terras de España? ¿Como a van a defender sin recurrir a aquelo de "no, precisamente, esta ola de frío ven a confirmar a citada teoría, porque de tanto calor esto xa dou a volta e bla, bla, bla...". Chau chau, que diría o fenecido Jesús Gil y Gil. E así o timo sigue adiante e uns cuantos Al Gores e científicos muchimillonarios veña a lucrarse e a gañarse (bastante ben, polo que se ve) a vida a base de meter medo ás boas xentes e a gran maioría dos medios de comunicación a mirar para outro lado non vaian a contradecir a verdade oficialmente asentada. Mentras tanto, en estas épocas de calores extremos pois por aquí calefaccións aos topes que non chegan a nada, algúns que chegan a durmir cun groso xersei de lana en vez de pixama, neve nin máis nin menos que en Laxe e unha carretera Coruña-Camariñas chea de neve nos seus bordes, si ben polo que din en absoluto afectaba ao tráfico rodado. Vaian abrigándose ben, que polos gurús do Cambio Climático xa estábamos entalados...
Un no recorda vaga de frío semellante en moitos anos. Corre dende antigo polos mentideros camariñáns unha allada foto de cor sepia (¿anos 40? ¿anos 50?) cunha nevada Camariñas alfombrada cun manto de cor branca. Posteriormente, foi polos anos 80 cando a neve nunha xélida madrugada de mantas e calafección recalou novamente en visita relámpago na nosa vila. E agora resulta que é nos tempos nos que os principais líderes mundiais se reúnen en Copenhague para ver de resolver estes calores tropicais que nos abrasan cando chega a nevar abundantemente ata na veciña Laxe. Como sería o conto que estes días a redactora-xefe de camarinas.eu Lucía Carril Ageitos trabou coñecemento ca neve por vez primeira nos seus 22 anos de existencia e non moi lonxe da súa vila natal. Pero en definitiva ¿que estamos contando que xa non coñeza o cultivado electorado de camarinas.eu? Ao fin e ao cabo, sabedores do intenso frío norteño, todo esto xa foi glosado hai máis de 20 anos por Ilegales, o grupo urbano que mellor poetizou os duros tempos do felipismo, cos seus máis de 3.000.000 de parados e unha reconversión industrial que asolaba os astilleros de Galicia, Asturias e Cantabria:
"El norte está lleno de frío,
y siempre llueve en domingo.
La policía está en peligro,
y siempre hay detenidos"
(Ilegales, "El norte está lleno de frío", 1985)
Comentarios
La nieve es muy bonita ami mencantaba ir..año tras año dsd pkeña siempr iba jejej y aora nieva seguido por estas zonas q guayy!! aunq el frio sea insoportable..j jajaja pero bueno... muy chulo el reportaje lu ers una artistaaa
mencanta la portadaa sals guapisimaaaaaaa
te quiero muchisimo mamorrrrrrrrr
tu amiga Luciaa !!
bks lusita
En fin,preciosas fotos e moi bó artigo.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.