3.9154929577465 1 1 1 1 1 Rating 3.92 (71 Votes)
Só a mente dun burián como JSG podías idear semellante homenaxe ao seu querido templo parroquial
Só a mente dun burián como JSG podías idear semellante homenaxe ao seu querido templo parroquial

San Xurxo dende os ceos

Agora que se inicia un novo ano non está de máis recordar un dos principais edificios relixiosos da Costa da Morte que dende que fora solemnemente inaugurado alá a finais do século XVIII, o así chamado Século das Luces, gracias a aportación xenerosa e altruista do máis importante mecenas da historia do noso concello, Domingo Antonio Rodríguez Canosa, non deixou de erguerse maxestuoso en pleno corazón de Buría desafiando o paso dos séculos. O feito de que o ouro que había de financiala fose tan duramente conseguido nas terras mexicanas iniciaba xa hai máis de 200 anos a relación perenne e artística que había de unir a Camariñas co México lindo e querido. Quen sabe todo esto é o noso querido usuario e colaborador Juan Salvador Gaviota (JSG) que emerxío dende as profundidades do seu barrio amado de Buría para captar en 50 fotografías da máxima calidade as primeiras imaxes aéreas publicadas do noso querido templo parroquial das que se teña noticia.

Foi huindo de un Tratado de Vergara (1837) que os leais á Causa Carlista nunca aceptaron que o Marqués de Bradomín, auténtico álter ego do seu creador, o inmortal Ramón María del Valle Inclán, se embarcou nunha lexendaria viaxe ao México dos emperadores aztecas que quedou plasmada na Sonata de Estío, unha das catro sonatas saídas do maxín do escritor nado en Vilanova de Arousa e na que aquel lexendario Don Juan feo, católico e sentimental percorría con desigual fortuna a altiplanicie mexicana, chegando a disfrutar duns tórridos amores con La Niña Chole. Cáseque un século antes fui un camariñán orixinario do Cotro, Domingo Antonio Rodríguez Canosa, o que emprendía unha ruta incerta que o ía levar ao entón denominado Virreinato de Nueva España. A diferencia do héroe valleinclanesco, non escapaba das consecuencias dunha derrota nunha cruenta guerra civil; tampouco partía impulsado por un sentido aventureiro; posiblemente nin siquera portaba no seu maxín como obxectivo ineludible o de desfrutar dunha historia de amor como a antes mencionada. Facíao na procura dunha vida mellor alén da súa terra natal, anticipando os roteiros que tantos e tantos camariñáns seguirían nos tempos que estaban por vir. Pero aínda así, o tan duramente gañado foi quen de invertilo dunha forma altruista e desinteresada no gran templo parroquial que a vila da súa alma demandaba. Domingo Antonio Rodríguez Canosa: o Lorenzo de Médicis ou o Francesco Sforza camariñán. O gran promotor da cultura e das artes na historia deste concello.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.