2.9230769230769 1 1 1 1 1 Rating 2.92 (26 Votes)

Xa chegou Papá Noel ao Pincho con regalo seguro!!

Visitar España vaille saír caro a Papá Noel: co país afundido económicamente deberá traer regalos a tutiplén
Visitar España vaille saír caro a Papá Noel: co país afundido económicamente deberá traer regalos a tutiplén

Xa están aquí, xa son inminentes. As navidades 2009 collen forma e os primeiros en organizar a particular recollida de cartas para Santa Claus son os nosos amigos do Bar Pincho que teñen previsto traer a Papá Noel este domingo 20 de decembro para que todos os nenos do concello (y más allá) podan darlle a súa cartiña de peticións persoalmente.  E aínda que esteamos sobrecollidos por este temporal de crise que afecta principalmente a España Santa Claus quítalle ferro ao asunto e nun mensaje que nos mandou a camarinas.eu dinos que "non se preocupen os rapaciños, xa que no Polo Norte esa crise da cal moitos falan non ten influencia...". En fin, non sabemos si Papá Noel se metería no negocio do petroleo alí nesas nevadas chairas xeadas recheas de cremoso gas pero o caso é que todos os nenos que queiran entregarlle a carta persoalmente ao gordo máis querido do planeta poderán facelo este domingo 19 de decembro a partir das catro da tarde no Bar Pincho da Ponte do Porto. Ademáis Papá Noel traerá consigo un par de payasos ben dicharacheiros e moitos regalos para os asistentes. Prezo 4 €.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.