- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 18 Decembro 2009 18 Decembro 2009
Unha pequena sorpresa dende O Bierzo

Rique ata se enfundou o casco de minero para ver de atopar algunha pepita perdida do ouro dos romanos
Ata o monumental paraxe leonés de Las Médulas chegaron hai máis de 20 séculos as lexións romanas ca intención de explotar a ceo aberto o máis prolífico xacemento de ouro existente no mundo coñecido. A partir daquel instante e durante máis de 250 anos dedicáronse cunha perseverancia nunca antes vista a transformar a natureza para obter o noble e vil metal. E ata o lugar que naquel entón formaba parte da Provincia da Gallaecia romana desprazouse o noso querido amigo Rique dos Catro Ventos acompañado da súa familia para ver de raspar o pouco que deixaran olvidado as huestes de Roma no seu persistente e implacable saqueo aurífero. Como non podía ser doutra forma ata alí levou consigo esta entrañable familia camariñana a páxina de Camariñas, www.camarinas.eu, para seguir conectados día a día co seu querido pobo natal, e é por elo que dende a fermosa rexión de O Bierzo o seu amigo Sergio Álvarez, querendo darlle unha pequena sorpresa á familia de Rique, nos remite unha impresionante galería de fotos da súa estadía en terras leonesas que poderán ser vistas por todos. Incluso polos extracomunitarios do FC Camariñas.
Deixaron huella no Bierzo

Comentarios
P.D. sigo siendo luisinnnnnn de zaragoza
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.