- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 26 Setembro 2007 26 Setembro 2007
Este Sábado no Disco Pub La Oca de Camariñas comezará o esperado "Maratón de DJ´s da Costa da Morte"

Cartel do maratón de DJ´s Costa da Morte
As 00:30 do sábado tes unha cita para comprobar o actual estado da música house, dance, latino, etc.. da nosa bisbarra. Non te perdas este acto. A organización espera que se congreguen na Disco La Oca os mellores e máis sonados platistas do momento na Costa da Morte. Os DJ´s Camariñáns xa quentan motores e creemos que están chamados a ser os mellores deste maratón. Sorte a todos os participantes e non volo perdades
Para ver as bases do concurso pulsa en "Ler máis.."
- Todos os concursantes deben de ser maiores de 18 anos
- As mesas de mezclas e os reproductores de CD´s serán os mesmos para todos os participantes.
- Cada DJ traerá consigo a súa propia música e terá que conquistar aos asistentes.
- A votación farase en dúas partes: no mesmo local do Oca e mediante votación en internet na páxina web oficial da Disco La Oca
- Os resultados das dúas votacións faranse públicas o Xoves seguinte ao desafío musical.
- Calqueira aclaración falar con Óscar Freire (981 73 73 54) ou Diego Alonso (981 73 73 47). Estamos ao voso servizo.
Os premios serán os seguintes:
- Premio acreditativo de "Mellor DJ da Costa da Morte" e uns auriculares profesionais de Dj
- Premio acreditativo de "2º Mellor Dj da Costa da Morte" e unha cena para dúas persoas no Restaurante Arnela de Camariñas
- Premio acreditativo de "3º Mellor DJ da Costa da Morte" e un lote de consumicións na Disco La Oca.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.