- Escrito por diegoalfr2 diegoalfr2
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 09 Decembro 2009 09 Decembro 2009

David e Raquel no carromato instalado ao efecto para atender aos veciños de Camariñas acerca da TDT
O 31 de decembro producirase o apagón analóxico
Pois xa está aquí, xa chegou a era na que só se poderá ver a Televisión Dixital Terrestre (TDT), porque según a web do Ministerio de Industria este 31 de decembro de 2009 producirase o tan proclamado apagón analóxico, co que os fogares que aínda non dispoñan do receptor da TDT non poderán coller nin un só canal. A elo debe sumárselles que no noso concello aínda hai lugares que non reciben as emisións neste novo formato polo que a partires do 1 de xaneiro quedarán completamente a dúas velas, aínda que para o que hai que ver nas televisións desta lamentable España dos nosos días, non sabemos que será mellor.
Dous son o rapaces que atenden aos veciños interesados no Muelle do Curbeiro, David e Raquel, que estarán este mércores, o xoves pola tarde e o luns 21 de decembro tamén pola tarde. En fin, queridos amigos, tócalle despedirse deste mundo á nosa querida televisión analóxica, aquela de cando só había un canal que empezaba as súas emisións as dúas da tarde e pechaba ás doce para dar paso a unh patriótica "Carta de Ajuste". Xa que cambia o formato, esperemos que a TDT traia consigo tamén un cambio de contidos. Que quede fulminada Tele 5, por exemplo.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.