- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 25 Novembro 2009 25 Novembro 2009

Por un día un nevado Coído do Castelete semellou calqueira das praias do Océano Glacial Ártico
Léramos hai uns días nunha importante web conservadora de ámbito nacional que todo esto do cambio climático era un timo, cuestión que en privado supostamente recoñecerían os promotores de tal ideoloxía nunhas conversas que saíran á luz pública, pero ao final chegamos á conclusión de que tal medio debía estar errado porque cal foi a nosa sorpresa ao chegar este domingo a así chamada "Pista de Alonso" e atoparnos cunhas praias nevadas que recordaban ao Mar Blanco. A paisaxe invernal típica da Península de Kola, da República de Karelia, das Illas Solovkí ou da cidade portuaria de Arjánguelsk transmutada por un día debido aos efectos do cambio climático á Praia do Castelete. Pero non, tamén nos estábamos errados, xa que era a espuma marina que a terrible surada iniciada o emblématico 20N depositou durante tres días en todo o litoral que acompaña a unha senda que rinde a xusta e necesaria homenaxe ao político máis importante da historia deste concello segundo decidío masivamente o electorado de camarinas.eu nunha encuesta histórica. Polo tanto, a cuestión do Cambio Climático sigue aberta.
{multithumbs}
Comentarios
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.