- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 19 Novembro 2009 19 Novembro 2009
Si o omnipresente neno obeso de Ourense chega a caer nas mans de Noelia López Estévez, a que foi nutricionista do Programa Concellos Saudables desenrolado polo Concello de Camariñas e que ven de rematar este día 15 de novembro, os informativos de tódalas televisións nacionais e autonómicas houbesen quedado a dúas velas. E todos nos houbésemos aforrado as horripilantes e terroríficas imaxes dun neno sobrealimentado tratando de xogar ó fútbol (cas rodillas) a través dun coloreado balón de baloncesto (dos Harlem Globetrotters) no medio dun patatal (en paradero desconocido). Cousa pola que lle estaríamos agradecidos a Noelia de por vida. Lamentablemente non foi así porque os únicos agraciados do seu bo facer dietético foron os veciños de Camariñas a través do que foi o 1º Programa de nutricionismo masivo posto en marcha nestas terras, cousa que por outra banda xa viña facendo falta e do que Noelia fai en camarinas.eu un repaso exhaustivo.
Alá a mediados do mes de xuño e subvencionado íntegramente pola Xunta de Galicia poñíase en marcha o Programa Concellos Saudables que incluía unha serie de actividades e programas que tiña como punto estrela o da contratación obrigatoria dunha nutricionista que puxera en marcha un Programa de Dietética. Esta responsabilidade foi a caer nunha usuaria de camarinas.eu, Noelia López Estévez técnica superior en dietética, a cal durante estos 5 meses chegou a atender a preto de 200 persoas no seu despacho da 3ª planta do Edificio de Iniciativas Empresariais, edificio que xa que as susoditas iniciativas son máis ben escasas e cando toman corpo son ridículas, pois con bo criterio decidíose utilizar para fins máis productivos como o do Programa de nutricionismo.
Noelia López Estévez: "Houbo nenos que chegaron a adelgazar ata 8 kilos"
As persoas que se acercaron polos dominios de Noelia foron as que buscaban aclarar dudas, as que acudiron ás numerosas charlas que tiveron lugar ou a calqueira dos obradoiros de cociña que tiveron un éxito rotundo destacando o desenvolvido en Aldea Madeira o primer fin de semana de novembro e no que se xuntaron 85 persoas, maioritariamente nenos, procedentes dos concellos de Camariñas e Muxía. Pero sobre todo foron as 72 persoas que seguiron concienzudamente as dietas personais elaboradas as que destaca Noelia como a parte máis importante do programa sendo o retrato robot do usuario do programa de nutricionismo o de unha muller cunha idade de 30-40 anos, preocupada sobre todo pola súa saúde pero tamén pola súa estética e que tiña nos fritos e no chocolate os seus maiores pecados.
Pero tamén varóns e nenos acudiron a súa consulta, purgatorio de graxas e proteínas indebidas, no que algún rapaciño de 11 anos cun certo sobrepeso (sen chegar ao caso extremo do mediático e fuxitivo rapaz de Ourense, auténtico Enemigo Público Nº1 por presencia xornalística) chegou a baixar oito kilos gracias ás dietas de Noelia. Agora, unha vez rematado o programa, para que o acadado non se perda chegou a dar catro, cinco dietas para manter as estilizadas liñas das constantes seguidoras do programa, quedando nalgún archivo perdido e olvidado, polvoriento, os expedientes que reflexan con datos os resultados do que foi o 1º Programa de Dietética desenvolvido nas antigas e sempre tan sobrealimentadas terras do Concello de Camariñas.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.