- Escrito por diegoalfr2 diegoalfr2
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 09 Novembro 2009 09 Novembro 2009
Este domingo 8 de novembro a eso das 12 da mañán reuníanse en Xaviña, concretamente nas obras da rúa do Sixto, o Alcalde de Camariñas Pichurri, o constructor responsable da obra Antonio Fernández Pereira e o ingeniero redactor do proxecto Juan Carlos Canosa Marcote. O obxectivo de dita reunión era o de comprobar in-situ os últimos remates na mellora viaria da Rúa do Sixto enclavadas dentro do Plan-E do goberno central e promovida polo Concello de Camariñas. A mellora sustancial desta calle transversal xaviñana resulta evidente xa que ésta ancheouse de forma considerable mellorando o tránsito dos coches por esta concurrida vía xaviñana.
Os valados e accesos das casas e hortas tamén foron feitos novos case na súa totalidade así como os accesos a hortas e cabanotes destacando neste aspecto a colaboración de caseque todolos veciños. O piso desta calle está realizado en pavimento pulido pola empresa soneirana HORMIPASA a cal utilizou unha nova capa de resina que non é esbaradiza paliando desta forma os sucesivos problemas que este tipo de material producía en outras calles realizadas de forma similar. En fin, a obra do Sixto orzamentada en 174.455,06 euros está xa caseque rematada e podes comprobalo na amplia galería de fotos que che ofrecemos dentro desta noticia.
Comentarios
por favor,deixade de vendernos tanto cemento,AUNQUE SEXA PINTADO,E CEMENTO!!
ALFONSO,( o madrileño)
Con diferente color, pero todo sigue igual ou peor.
Non sei, o que queira ver cartos invertidos doutra maneira, que se desplace a Olveiroa (Dumbría) donde se fixo unha actuación moi parecida, e despois xulgade vos mismos. Donde antes non había nada e moitas casas estaban abandonadas, ahora teñen un albergue de peregrinos, dous bares, unha casa rural, un restaurante en vistas, os veciños están arreglando casas en ruinas,etc. Claro exemplo de ideas claras e de porqué un de bigotes leva casi 28 anos (se non son máis) no cargo.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.