- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 03 Novembro 2009 03 Novembro 2009
Os vellos tempos dos lugares de Buría
Non lonxe do fogar de Manuel Romar Vázquez, no Lugar de Riás, Chencho escolle o millo para encabazalo
Lamentablemente será algo que xa non poderá ver máis Manuel Romar Vázquez, tristemente falecido aos seus 88 anos. Como os cabazos dese universo colectivo chamado Buría se van enchendo á caída da folla co producto da ancestral recollida do millo. Cabazos do seu querido Lugar de Riás, do Cotro, de Pións, Mourín, Cabreira... Tradicións chamadas a desaparecer a mans dunha modernidade implacable e baleira. Tradicións antigas como a da nai do finado este 4 de novembro de 2009, Estrella de Cándido, a máis célebre repoñedora de osos de Camariñas cun poder e unhas mans sabias e milagreiras que atraían a mancados de toda a comarca, chegando a noticia da súa sabiduría sanadora ata as xentes da lonxana Santa Comba. Pero mentras os representantes dos vellos ritos e costumes de Buría sigan en pe e non abandonen este mundo pecador e corrompido, os batallóns que integran o laborioso exército burián seguerán á caída da folla en estado de máxima movilización na hora vital da recollida do millo. Manuel Romar Vázquez, Descanse En Paz.
Comentarios
Xentes da lareira,do lume no pote das vacas,de cociñar con leña e das partidas da virisca os domingos as tardes,en fin xente sinxela,humilde e cariñosa.Como diria a nosa querida Rosalia..
Adios gloria,adios contento,
deixo a casa onde nacín,
deixo aldea que conoso,
por un mundo que non vin,
deixo amigos por estranos,
deixo a veiga polo mar,
deixo en fin canto ben quero,
quen poidera non deixar...
Dña ESTRELLA, muitas veces, amañoume ós meus osiños descompostos polos pasos mal dados nós meus xogos de rapaz. Ó propio médico daquel entón, DON TOMAS ARTAZA, mandaba él mismo ós seus pacientes,inclu sive ós seus propios fillos, para que aquela sabia muller, amañara ó que a propia Ciencia, non sabia.
Unha aperta á esa familia
Antonio Puertas
A toda sua familia o meu sinsero pesame.Señor Manolo D.E.p.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.