- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 28 Outubro 2009 28 Outubro 2009
O Director Xeral de Patrimonio comprobou de primeira man o novo e fantástico aspecto que luce o noso Castelo
Visita do Director Xeral de Patrimonio ao Castelo
Este mércores 28 de outubro de 2009 aconteceu en Camariñas algo que non sole ser mui común, xa que nada máis e nada menos que o mesmísimo Director Xeral de Patrimonio, José Manuel Rey Pichel, visitou por iniciativa propia as ruinas do Castelo do Soberano. Eran as horas que antecedían a un solpor que dende o occidente viña anunciándose cando chegaba ao Castelo unha comitiva formada por Juan José González Soto, actual propietario do Castelo e dos terrenos que o circundan; o Director Xeral de Patrimonio; o Alcalde camariñán Pichurri; Daniel Rego González; o artista e profesor universitario Antón Sobral e dúas xóvenes arqueólogas.
José Manuel Rey Pichel chegaba a Camariñas procedente de Camelle onde quixo comprobar persoalmente o estado actual da obra arquitectónica e escultórica de Manfred Gnadinguer que esmorece no máis absoluto dos abandonos cando, tras unha comida no Restaurante Chalana, decidía acercarse ata Camariñas. Xa no Castelo confirmou que as vitais e necesarias labouras de limpeza do recinto non plantexarán maiores problemas sempre que se fagan a través dos cauces legais, esto é, a través do Concello quedando para actuacións posteriores unha posible e hipotética restauración do Castelo do Soberano, desexo tan querido por tódolos camariñáns, aquel de que a nosa derruida fortaleza volva a reinar sobre os mares.
{phocagallery view=category|categoryid=347|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}
Comentarios
De todo corasón espero q permitan unha restaurasión do castillo e así poder disfrutar del despois de tantos anos.
Ánimo a Soto e a sejir pa diante
Eu temen espero que o deixen restaurar por que daría gusto ver algo mas no pueblo!
Así que moitos ánimos soto e espero que todo sala ben!
Fai anos, cando empezaron coas escolas taller, propuxéralle o nefasto alcalde anterior que pidira unha escola taller de canteria e así poder rehabilitar o castelo mentras se aprendia un gran oficio; dicir que o anterior dono cedíao se se facia coa idea de rehabilitalo e incluso pensaba donalo, bueno , pois a contestacion dese alcalde foi: estás tolo, eso é inviable, fan falta moitos cartos, etc,etc. Bueno, pois un particular anos despois pensa en rehabilitalo sen axudas de escolas de canteiros. Espero que esa sexa a súa idea, a de rehabilitalo porque o mundo está cheo de bos benefactores e boas pretensions ainda que despois, estas boas pretensions vólvense en autenticos desastres porque non todo era como se pretendia. Como digo, espero que se rehabilite dacordo a como se ten que facer e non como un queira facer, porque despois xa nos teriamos que lamentar como estamos lamentando todo pobo dende fai máis de setenta anos da gran desfeita do noso Soberano.
Ah! ,una idea,por si quieres tenerla en cuenta:PIDE que,cuando llegue el momento,esos cañones que no sabian qué hacer con ellos,vuelvan a su sitio primero.
Un saludo,amigo,SOTO.
Antonio Puertas
Que aproben todo que teñan que aprobar que non se vai faser unha sentral nuclear, xa esta ben que busen tanto de todos nos.
saludos e suerte chaval!!!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.