- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 27 Outubro 2009 27 Outubro 2009

Un lugar ideal para un parque público
Difícilmente se podería atopar mirador máis privilexiado da Vila das Palilleiras ou un lugar mellor para sacar aos canciños a pasear. Para que os nosos maiores se sentaran nuns bancos a admirar o pobo da súa alma. Ou para que as parexas pasearan o seu amor á sombra das árbores. A clausura e sellado final da Canteira da Xesteira deixa un espacio de lecer que debidamente aproveitado ca instalación dun céspede regular, ca construcción dun paseo axardinado e iluminado, ca plantación das insustituibles árbores e ca montaxe duns cantos bancos otorgaría a Camariñas o parque público do que carece e que serviría para profundizar nun estilo de vida urbano e moderno que redundaría nunha mellora xeral da calidade de vida.
Todo elo ornamentado ca exposición dunhas boquillas tubulares que permiten a saída dos gases acumulados resultantes da descomposición e fermentación dos residuos alí depositados durante tantos anos e que de non existir levarían a un final semellante ao do célebre episodio dos Simpson no que Springfield estouraba literalmente debido ao lixo e que permiten evocar aos soñadores o célebre parque da cidade norteamericana de Seattle construido a base de tubos metálicos ocos que provocaban sonidos ao pasar os ventos e que deron nome a un dos máis lexendarios grupos de música dos anos 90 (Soundgarden). Ou incluso ao mítico disco co que Mike Oldfield pasou á historia da música en 1973 (Tubullar Bells). Porque ningún lugar sería máis idóneo para sentarse e soñar. E tendo aos nosos pes a mellor vista posible: a paisaxe incomparable da máis fermosa das vilas da Costa da Morte, Camariñas, La tacita de Plata.
Un lugar ideal para un parque público
Difícilmente se podería atopar mirador máis
privilexiado da Vila das Palilleiras ou un lugar mellor para sacar aos
canciños a pasear. Para que os nosos maiores se sentaran nuns bancos a
admirar o pobo da súa alma. Ou para que as parexas pasearan o seu amor
á sombra das árbores. A clausura e sellado final da Canteira da
Xesteira deixa un espacio de lecer que debidamente aproveitado ca
instalación dun céspede regular, ca construcción dun paseo axardinado e
iluminado, ca plantación das insustituibles árbores e ca montaxe duns
cantos bancos otorgaría a Camariñas o parque público do que carece e
que serviría para profundizar nun estilo de vida urbano e moderno que
redundaría nunha mellora xeral da calidade de vida.







Comentarios
Benvida á Xesteira como mirador incomparable dá nosa Vila.
Antonio
Aber si este dOmingo de paso q bon a virxen do monte...Bon ber esojej
Biks!!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.