3.7142857142857 1 1 1 1 1 Rating 3.71 (56 Votes)

Chita, protagonista dun documental sobre Man

 

Só camarinas.eu estaba presente en Camelle este domingo para captar un momento da entrevista a Chita
Só camarinas.eu estaba presente en Camelle este domingo para captar un momento da entrevista a Chita

 

Foi naquela ofensiva desesperada emprendida por camarinas.eu nos seus míticos primeiros días para reivindicar o legado de Manfred Gnadinguer e salvalo do lamentable olvido no que esmorecía, cando da man da camellana Silvia Baña Rodríguez camarinas.eu entrevistaba á que foi á mellor amiga e coñecedora de Man ao longo de toda a vital travesía artística que levou ao xenio iconoclasta alemán a residir na vila máis norteña do noso concello. Facéndose eco dunha reportaxe que acadou uns números só ao alcance do líder histórico da Costa da Morte (máis de 14.300 visitas), unha importante productora que está a realizar un novo documental sobre o Alemán de Camelle entrevistaba este domingo 18 de outubro a Concepción Regueira, Chita, no Paseo Marítimo camellán. Un documental que quizá axude a remover conciencias e logre eliminar as derradeiras trabas burocráticas que impiden a salvación dun legado en perigo de morte. Tal vez sexa xa demasiado tarde. Nese caso, só nos quedará o recordo e para recordar, ninguén mellor que Chita, a gran amiga do xenio teutón.

Noticias relacionadas

Comentarios   

Beldoña
0 # Beldoña 21/10/2009 22:54
Pos eu,poño ó meu grao darea,pá que a memoria i a obra de Man,perdure entre nós.

MAN

Cando asomen dende alta mar
ás fontes baleiras de vida ,
i mesturen á sua negrura
cóa arte maguado aquel día…

…Cando ás gueivotas caian feridas
i, ás pisadas marquen á fondura
dun lento andar, pingado de bágaoas
pousadas nó alquitrán…

…Nunha tarde queda, á neboa boará
asentándose,ó fin,sobre un altar,
pá mostrarnos á laboura dó seu lugar,
erguendo aniñada á figura de MAN

Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen eres
+1 # E logo ti de quen eres 23/10/2009 14:05
Como no se iba a enamorar el Aleman de Camelle, pero habeis visto el color del mar (me refiero el que aprece en la fotos) lastima estar en Madrid y no poder verlo.

Animo a todos los que recuperan la obra y la historia de Man.

Tino Rogero Figueiras.
Denunciar ante o administrador
pintura
0 # legado de manpintura 28/10/2009 03:52
admiro profundamente a la señora Chita y la envidio,por ser tan amiga de MAN ....yo vivo en argentina y voy todos los años a arou,conoci en el año 1984 a MAN y senti mucha admiracion y respeto por su persona y por su creatividad artistica no comprendida por muchos y destruida por muchos mas...por suerte somos muchos mas los que luchamos por su legado y que perseverando en ello lo lograremos;mas teniendo el privilegio de contar con personas como la señora Chita ...
un abrazo cariñoso para todos los amigos de MAN
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.